DOUS VELLOS QUE TAMÉN TIVERON MOCEDADE
Dous vellos que tamén tiveron mocedade, que se coñeceron nun baile, que logo se casaron por amor e que viviron arnándose tolamente. Dous vellos, sempre xuntos e sempre calados, que viven escoitando o rechouchío dun xilgaro engaiolado. Sen fillos e sen amistades. Soios.
Antonte leváronlle o viático ó vello e onte morreu. A compañeira dos seus días visteuno, afeitouno e púxolle as mans en cruz.
Hoxe entraron catro homes e sacaron a caixa longa onde vai o morto. A vella saíu á porta da casa e, coa voz amorosa dos días de mocedade, despideuse do seu compañeiro:
-¡Deica logo, Eleuteiro!
E os veciños que acudiran ó espeutáculo taparónse as bocas e riron cos ventres. A despedida da vella foi rolando e chegou ó casino, e o "deica logo Eleuterio" xa se convirteu en motivo de risa.
Todos, todos, se riron e ninguén se decata con que delor a vella namorada chamará pola morte nesta noite de inverno.
Castelao
Marilyn
Non é malo que busques que alguén te queira, pero antes tes que quererte a ti mesma

Estás de acordo, querida Marilyn???
Pero anda ao xeito, non vaia a ser que se xe faga demasiado tarde....

Estás de acordo, querida Marilyn???
Pero anda ao xeito, non vaia a ser que se xe faga demasiado tarde....