Blogs.ya.com Quitar publicidad
A arte é unha arma cargada de futuro.
Sindicación
 
Nós




Isto pode máis que nós
mais os dous somos incapaces de velo
vendemos bicos coma se estivesen de rebaixas
retorcemos con berros a dor,
mentres nos revalgamos sobre ela
coma se fose un doce colchón.

Mais xa esquecemos
promesas e xuramentos
deses que se compran en todo a cen,
deses que criamos xuntos.

Sentimentos abortivos,
que magoa esquecelos!
desfariñados aquí e acolá
perdidos nun “eterno” camiño

Doe, magoa e agarima
agarimo a dor con mais dor
magoo os agarimos con aloumiños
xa non son capaz de distinguir
mais si, mesturo e confundo todo.


 
Comentario:
terriblemente fermosa.
No