logotipo

img_google
Home de Areia
O home não é feito de barro mas de areias movediças...
Acerca de

... é por isso que teima em se afundir e arrastar consigo aos que tem ao seu lado

Sindicación
 
HERACLITADA

HeráclitoPara os que pensan que as veces a vida é unha merda; lembrade a derradeira e máis importante ensinanza de Heráclito de Éfeso, chamado o Escuro, que seica para sandar dunha hidropisia enterrou en merda de porco, e hai quen di que sandou... e é que a merda, o esterco, é o que fai medrar as prantas e a vida, e xa é primavera, fría, mas primavera. E mañá repouso.



Para los que piensan que a veces la vida es una mierda; recordad la última y más importante enseñanza de Heráclito de Éfeso, llamado el Oscuro, que dice que para sanar de una hidropesía se enterró en mierda de cerdo, y hay quien afirma que se curó... y es que la mierda, el estiércol, es lo que hace crecer las plantas y la vida, y ya es primavera, fría, pero primavera. Y mañana descanso.

 
CAOS, ORDE, PORVIR / CAOS, ORDEN, PORVENIR

CAOS.Sen tempo para estragar é a miña casa estes días o tempo todo por arrombar hai que buscalo :P dí Pepiño o Grilo sen venres tarde nin sábados todo o día percusións para coller xordeira caosé a noite de fume comidas fóra de horas gorxa esfolada ollos areosos antonte noite paseino ben corpos de mozas novas case en coiros non poder falar nin ser falado a boa compaña e a risa é o que ten e malia todo cousas arriadas hai xa tempo pregando por ser acollidas outra vez papeles chafallados e apiados a louza a medio fregar horarios alterados chous irreverentes despois de tres meses de curso pouca luz do día mañá é outro día imprevistos.
ORDE. O que teño que procurar agora, o ordeamento exterior para acada-lo interior, recolle-los papeis, a roupa na lavadora (outra vez, bolboretia), a louza fregada e colocada, a cama arrombada, o chan varrido e fregado tamén, os mobles limpos, os pinceis e os instrumentos de escriber dispostos, o cerebro a traballar no produtivo, a vida agromando, o sorriso nos beizos e a procura do fatu.
PORVIR. Alleo e misterioso, somos quen de conducilo, ou é inmudábel? nacemos con todo "feito", ou nada máis coas ferramentas? Segundo penso, sexa unha cousa ou a outra, temos que facer por vivir coma se poidesemos manexa-la vida, que se revira? pois vai ser que erramos ao colocar os elementos na engranaxe, as combinacións son infindas, e, se cadra, a corda do universo é o caos, ordeado, por suposto. Como dí aquel, mañá é o primeiro día do que fica da nosa vida.
Sexamos útiles, logo.


CAOS. Sin tiempo para desaprovechar es mi casa estos días el tiempo todo por arreglar hay que buscarlo :P dice Pepito Grillo sin viernes tarde ni sábados todo el día percusiones para coger sordera caos es la noche de humo comidas fuera de horas garganta despellejada ojos arenosos anteanoche lo pasé bien cuerpos de chicas jóvenes casi desnudas no poder hablar ni ser hablado la buena compañía y la risa es lo que tiene y pese a todo cosas abandonadas hace ya tiempo rogando por ser acogidas otra vez papeles desperdigados y apilados la loza a medio fregar horarios alterados azares irreverentes después de tres meses de curso poca luz del día mañana es otro día imprevistos.
ORDEN. Lo que tengo que buscar ahora, el ordenamiento exterior para alcanzar el interior, recoger los papeles, la ropa en la lavadora (otra vez, bolboretia), la loza fregada y colocada, la cama hecha, el suelo barrido y fregado también, los muebles limpios, lospinceles y los instrumentos de escribir dispuestos, el cerebro a trabajar en lo productivo, la vida brotando, la sonrisa en los labios y la búsqueda del fatu.
PORVENIR. Ajeno y misterioso, ¿somos capaces de conducirlo, o es inmutable? ¿nacemos con todo "hecho", o sólo con las herramientas? Según pienso, sea una cosa o la otra, tenemos que hacer por vivir como si pudiésemos manejar la vida, ¿que se rebela? pues va a ser que fallamos al colocar los elementos en el engranaje, las combinaciones son infinitas, y, quizás, la cuerda del universo es el caos, ordenado, por supuesto. Como dice aquel, mañana es el primer día del resto de nuestra vida.
Seamos útiles, entonces.

 
COTIÁN / COTIDIANO

LIMPEZA BRILLANTE. Cando poño a lavadora, o tubo catódico do meu monitor escintila coas vibracións.
SON BO. Hoxe, no autobús, axudei a dúas vellas a baixar na parada axeitada. Cun pé no chanzo e o outro no piche, viráronse acenando e dixeron “gracias, adeus... ”
A MAN DO DEMOestaba agochada coa dereita enriba, foi no metro, era encarnada, da cor dunha man mergullada anos no viño tinto ou no sangue pezoñento. Levaba anteollos de cu de vaso.
XAPONÉS. Hoxe visitaron o meu sitio dende o Xapón, Lost in translation?
ABERRACIÓNS. Lembrade as aberracións dos espellos, as ligazóns non sempre son parellas, poden mudar segundo a lingua :P



LIMPIEZA BRILLANTE. Cuando pongo la lavadora, el tubo catódico de mi monitor parpadea con las vibraciones.
SOY BUENO. Hoy, en el autobús, ayudé a dos viejas a bajar en la parada correcta. Con un pie en el escalón y el otro en el asfalto, se volvieron con un gesto y dijeron “gracias, adiós...”
LA MANO DEL DIABLOestaba tapada con la derecha encima, fue en el metro, era roja, del color de una mano sumergida años en vino tinto o en sangre ponzoñosa. Llevaba gafas de culo de botella.
JAPONÉS. Hoy visitaron mi sitio desde Japón, Lost in translation?
ABERRACIONES. Recordad las aberraciones de los espejos, los enlaces no siempre son iguales, pueden cambiar según la lengua:P

 
FINAL DE XOGO (CICLO)? / FINAL DE JUEGO (CICLO)?

Hoxe, recén chegado á casa, ás nove pasadas, despois de mercar alimentos, despois de cavilar en misturar roupa, deterxente, e auga na lavadora (estar fóra na fin de semana leva a estas cousas...) decateime de que nestes días, sempre nestes días, é probabel que remate unha longa viaxe de sete anos, o cal carrega co comezo doutra nova. Sospeito, logo, que o ictioscopio vulgaris agroma na primavera, co sol; e iso que eu seica son lunático... O caso é que nesta semana remato o curso de diseño de páxinas web, máis pobre do que eu quixera, mas é de balde, e cabalo de balde sae fanado.... fanse tres anos no mesmo traballo (de máis xa, non ten ninguén algo para min?), dous anos doutra cousa, sete doutra... ben, o certo é que tódolos días se fan anos dalgo, non?


Hoy, recién llegado a casa, a las nueve pasadas, después de comprar alimentos, después de pensar en mezclar ropa, detergente, y agua en la lavadora (estar fuera el fin de semana lleva a estas cosas...) me di cuenta de que en estos días, siempre en estos días, es posible que termine un largo viaje de siete años, lo cual conlleva el comienzo de otro nuevo. Sospecho, entonces, que el ictioscopio vulgaris rebrota en primavera, con el sol; y eso que yo dicen que soy lunático... El caso es que esta semana termino el curso de diseño de páginas web, más pobre de lo que yo quisiera, pero es gratis, y caballo gratis no tiene dientes.... llevo tres años en el mismo trabajo (demasiados ya, ¿no tiene nadie algo para mi?), dos años de otra cosa, siete de otra... bien, la verdad es que todos los días se cumplen años de algo, ¿no?


 
BARCELONA

... cheira a pan quente (no porto!?), a xelados, a bombóns, a fume de cociña de leña, a mar (ainda que o mediterráneo non é o atlántico...), a vella, a moza, a verde, a xente, a moitas cousas.... non chegan tres días, non. A banda sonora da viaxe foi de 99 Luftballons de Nena, que soaba no meu discman cando entraba na cidade, e Cartas en la manga de 091, que tiven na cabeza todo o tempo. E Gaudí;, o modernismo(o Palau da Música deixoume pampo), a arquitectura, os visitantes de fóra (lexión...). Marchei cun sentimento de saudade ou morriña, se cadra por non ter topado no carrer de petritxol, libando chocolate, á bolboretia alicensis, ser fuxidío, misterioso e sarillo... na vindeira virada. Cando positive as fotografías, se cadra farei un especial.
Tirei o loito porque os psicólogos recomendan tirar para adiante, pero non esquezo.
Graciñas a Rober, que me mandou unha ligazón ao sitio coas aventuras de Cutlas, de Calpurnio...
Ictioscopio Fabuloso Strikebacks....!



huele a pancaliente (¿¡en el puerto!?), a helados, a bombones, a humo de cocina de leña, a mar (aunque el mediterráneo no es el atlántico...), a vieja, a joven, a verde, a gente, a muchas cosas.... no llegan tres días, no. La banda sonora del viaje fue de 99 Luftballons de Nena, que sonaba en mi discman cuando entraba en la ciudad, y Cartas en la manga de 091, que tuve en la cabeza todo el tiempo. Y Gaudí, el modernismo (el Palau de Música me dejó atontado), la arquitectura, los visitantes de fuera (legión...). Marché con un sentimiento de saudade o morriña, tal vez por no encontrar en el carrer de petritxol, libando chocolate, a la bolboretia alicensis, ser huidizo, misterioso y juguetón... será para la próxima vez. Cuando positive las fotografías, quizás haga un especial.
Quité el luto porque los psicólogos recomiendan tirar para adelante, pero no olvido.
Gracias a Rober, que me mandó un enlace al sitio con las aventuras de Cutlas, de Calpurnio...
Ictioscopio Fabuloso Strikebacks....!

 
PARA BARNA ME VOU / PARA BARNA ME VOY...

.... mañá, ou hoxe segundo cando leades isto, cedo, marcho para Barcelona, vou pasar alí catro días, cando volte xa vos contarei cousas. Desculpade a tardanza en mudar. Bicos a todos. Bolboretia, eí vou!!!


.... mañana, u hoy según cuando leáis esto, temprano, marcho para Barcelona, voy a pasar allí cuatro días, cuando vuelva ya os contaré cosas. Perdonad la tardanza en actualizar. Besos a todos. ¡¡¡Bolboretia, allá voy!!!

 
PESADELO / PESADILLA

Primeiro de todo o pésame para todos, porque isto tócalle a todos. Segundo; gracias a Xan, Andrea, Marcos, Alicia, Marta, miña curmá María, Rosana, María, Mariola, Cristina, e tódolos amigos que me chamaron ou mandaron mensaxes por lembrarse de que moro en Madrid e hoxe podería non estar vivo; e aos que non o fixeron pero sei que se lembraron de min, tamén. Non quero poñer a tele, nin ver imaxes; botei todo o día escoitando a radio, e pensando qué facer neste sitio. Cando viña para casa de choiar, no autobús, un obreiro, un home "duro", choraba calado, cos ollos encarnados e inflamados... no metro, no andén, unha rapaza choraba sen calar, algunha parella bicábase coma se fose o derradeiro bico, e nos vagóns, o silencio... agás un negro enxoito de calquera enfermidade que choromicaba esmola por fame. Decidín poñer o sitio de loito uns tres días (o loito oficial), ou se cadra máis, ata que esvaia o asonsamento que teño enriba. Hoxe sentín "unha conmoción na forza", hoxe dóeme o ser humano, hoxe quixera ser un alieníxena comedor de feixoada. Hoxe, calo ata non sei cando.


Primero de todo el pésame para todos, porque esto le toca a todos. Segundo; gracias a Xan, Andrea, Marcos, Alicia, Marta, mi prima María, Rosana, María, Mariola, Cristina, y todos los amigos que me llamaron o mandaron mensajes por acordarse de que estoy en Madrid y hoy podría no estar vivo; y a los que no lo hicieron pero sé que se acordaron de mi, también. No quiero poner la tele, ni ver imágenes; me tiré todo el día escuchando la radio, y pensando qué hacer en este sitio. Cuando venía para casa de trabajar, en el autobús, un obrero, un hombre "duro", lloraba callado, con los ojos enrojecidos e hinchados... en el metro, en el andén, una chica choraba sin callar, alguna pareja se besaba como si fuese el último beso final, y en los vagones, el silencio... salvo un negro flaco de cualquier enfermedad que lloriqueaba limosna por hambre. Decidí poner el sitio de luto unos tres días (el luto oficial), o tal vez más, hasta que se diluya el atontamiento que tengo encima. Hoy sentí "una conmoción en la fuerza", hoy me duele el ser humano, hoy quisiera ser un alienígena comedor de fabada. Hoy, callo hasta no sé cuando.

 
ELEICIÓNS / ELECCIONES

Non, acougade, non vou falar de política nin "das eleicións", senón das escollas. Pasamos todo o tempo, toda a vida, a escoller. A roupa que levamos, o que comemos, aquilo no que traballamos (iso non sempre), os amigos, o diseño do sitio, as ferramentas... Aínda que hai cousas que non escollemos: a climatoloxía do día, a terra na que nacemos, a combinación xenética que herdamos, os días que o servidor está furrulando ben ou mal para poder renova-lo sitio... Moitas cousas. Eu sempre fun de mal escoller, moitas cavilacións e poucas accións, por iso vedes hoxe isto distinto, coma se tivese feito un transplante de faciana, xa vedes. E por iso tardei en mudala.
AS COUSAS QUE CAVILO, non sempre as escribo; e as que escribo, ás veces semellan non ter sido caviladas, coma se algo dende fóra o puxese dentro dos meus miolos, ou coma se súpetas abrollansen da nada, polo tanto, se algunha das cousas que aquí poño non as entendedes, ou non estades dacordo, desculpade. Eu son así, ou se cadra non, e só é como eu penso que son. Hoxe, é un eixo, un ponto de forza da panca para mexe-lo mundo, o meu mundo. Se cadra, non vai ser esta a derradeira muda... os ictioscopios son seres fabulosos e fénixios, e rara vez morren. As ligazóns dos cotíos as máis das veces teñen vida propria mesmo. Tamén mudaron Eva-siva, a sorprendente mulleraraña, e máis ca ningún o orballo fotografeiro. Saúdos.


No, tranquilos, no voy a hablar de política ni de "las elecciones", sino de elegir. Pasamos todo el tiempo, toda la vida, eligiendo. La ropa que vestimos, lo que comemos, aquello en lo que trabajamos (eso no siempre), los amigos, el diseño del sitio, las herramientas... Aunque hay cosas que no escogemos: la climatología del día, la tierra en la que nacemos, la combinación genética que heredamos, los días que el servidor está funcionando bien o mal para poder renovar el sitio... Muchas cosas. Yo siempre he sido de mal elegir, muchas cavilaciones y pocas acciones, por eso veis hoy esto distinto, como si le hubiese hecho un transplante de cara, ya veis. Y por eso tardé en modificarla.
LAS COSAS QUE PIENSO, no siempre las escribo; y las que escribo, a veces parecen no haber sido pensadas, como si algo desde fuera lo metiese dentro de mi cabeza, o como si súbitas brotasen de la nada, por lo tanto, si alguna de las cosas que aquí pongo no las entendeis, o no estais de acuerdo, perdonadme. Yo soy así, o tal vez no, y sólo es como yo pienso que soy. Hoy, es un eje, un punto de apoyo de la palanca para mover el mundo, mi mundo. Pude que no vaya a ser ésta la última mutación... los ictioscopios son seres fabulosos y fénixios, y rara vez mueren. Los enlaces de los cotidianos la mayoría de las veces tienen vida propia. También mutaron Eva-siva, la sorprendente mujeraraña, y sobre todo el orballo fotografiador. Salúdos
.

 
CATIVOS II / PEQUEÑOS II

Ben, pois agora resulta que un dos actores de tamaño pequeno denunciou á asociación que o “defendera”, por “daños y perjuicios”... en fin. Nada máis para engadir.
PREMIO PRIMAVERA de Novela para Lorenzo Silva. É un escritor que non coñezo moito, só lin “El lejano país de los estanques”, e foi despois de ver no cine “El alquimista impaciente”; pareceume interesante o filme, con boas interpretacións dos actores, e pensei que a novela estaría ainda mellor, co que procurei algún libro do autor, “El lejano país...”, e certamente gostei dela abondo como para querer ler algo máis. Co tempo.


Bien, pues ahora resulta que uno de los actores de tamaño pequeño denunció a la asociación que lo había “defendido”, por “daños y perjuicios”... en fin. Nada más que añadir..
PREMIO PRIMAVERAde Novela para Lorenzo Silva. Es un escritor que no conozco mucho, sólo leí “El lejano país de los estanques”, y fue después de ver en el cine ““El alquimista impaciente”; me pareció una película interesante, con buenas interpretaciónes de los actores, y pensé que la novela estaría mejor todavía, con lo que busqué algún libro del autor, “El lejano país...”, y realmente me gustó lo suficiente como para querer ler algo más. Con el tiempo.

 
O PREZO DAS COUSAS / EL PRECIO DE LAS COSAS

Non, non vou falar da inflación, podería, mas non lle chego, e os que me coñecedes ben sabedes que baixo non son. Noutronte, unha nai contoume que a súa filla lle dixera que, no colexio, uns rapaces mangaran o exame ao mestre, e que pedían cincuenta céntimos de euro por cada unha das preguntas. Cando cativo, se alguén mangaba un exame, repartía cos demáis compañeiros sen pedichar cousa ningunha. Penso, que sociedade estamos a construir cando uns perrellos piden cartos por iso (non defendo o roubo) esquecendo a solidariedade entre iguais?... que farán logo cos distintos? E falando de distintos e de perrellos; seica uns ananos (debería dicir persoas con discapacidade de tamaño?) que saen no “Un, dos, tres” estaban sendo ridiculizados, e unha asociación de xente co síndrome da acondroplasia denunciou a Chicho Ibáñez Serrador. Agora van deixar de sair do xeito no que o facían. Non sei se os ridiculizaban ou non, non vexo o programa, mas, alguén lle preguntou aos ananos se eles se sentían ridiculizados? Non critico á asociación, non, ao revés, é que nos últimos tempos hai defensores de moitas cousas sen que se escoite a opinión dos defendidos.
Eu procuro ao ser humano (e polo tanto á natureza) dende a súa heteroxeneidade, a xuntanza pola diferencia, pois é ela a que nos liga a todos.
Debe se-la semana dos baixiños (debería dicir persoas co síndrome da acondroplasia), no domingo The Station Agent... onte mirei unha muller no metro, e no capítulo de CSI mataron a un nun congreso ou algo así...

Desculpádeme por falar de política...



No, no voy a hablar de la inflacción, podría, pero no le llego, y los que me conocéis sabéis que no soy bajo. El otro día, una madre me contó que su hija le había dicho que, en el colegio, unos niños le cogieron el examen al maestro, y que pedían cincuenta céntimos de euro por cada una de las preguntas. De pequeño, si alguien conseguía un examen, lo repartía con los demás compañeros sin pedir nada a cambio. Pienso, ¿qué sociedad estamos construyendo cuando unos pequeñajos piden dinero a cambio de eso (no defiendo el robo) olvidando la solidaridad entre iguales...? ¿qué harán con los distintos? Y hablando de distintos y de pequeños; parece ser que unos enanos (¿debería decir personas con discapacidad de tamaño?) que salen en el ““Un, dos, tres” estaban siendo ridiculizados, y una asociación de gente con síndrome de acondroplasia denunció a Chicho Ibáñez Serrador. Ahora van a dejar de salir del modo en el que lo hacían. No sé si los ridiculizaban o no, no veo el programa, pero, ¿alguien les pregunto a los enanos si ellos se sentían ridiculizados? No critico a la asociación, no, al revés, es que en los últimos tiempos hay mucho defensor de muchas causas sin que se escuche la opinión de los defendidos.
Yo busco al ser humano (y por lo tanto a la naturaleza) desde su heterogeneidad; la unión por la diferencia, pues es ella la que nos enlaza a todos.
Debe ser la semana de los bajitos (debería decir personas con síndrome de acondroplasia), el domingo The Station Agent... ayer vi a una mujer en el metro, y en el capítulo de CSI mataron a uno en un congreso o algo así....

Me disculpo por hablar de política, lo siento...

 
NOVO MES / MES NUEVO

NOVO MES, Cotio novo. Se queredes inquirir no pasado, calcade en febreiro.
The Station Agent Hoxe non comento cousa ningunha, só recomendar o filme que fun ver á tardiña, O xefe de estación (The Station Agent), fermoso, falando da soidade, a amizade e as diferencias que achegan máis que arredan, premiada no Festival de Cine de Ourense, no Festival de Donosti....




MES NUEVO, cotidiano nuevo. Si quereis indagar en el pasado pinchad en febrero.

Hoy no comento nada, sólo recomendar la película que fui a ver esta tarde, Vías Cruzadas ((The Station Agent), hermosa, hablando de la soledad, la amistad y de las diferencias que acercan más que separan, premiada en el Festival de Cine de Ourense, en el Festival de Donosti....