Blogs.ya.com Quitar publicidad
Home de Areia
O home não é feito de barro mas de areias movediças...
Acerca de

... é por isso que teima em se afundir e arrastar consigo aos que tem ao seu lado

Sindicación
 
ELEICIÓNS / ELECCIONES

Non, acougade, non vou falar de política nin "das eleicións", senón das escollas. Pasamos todo o tempo, toda a vida, a escoller. A roupa que levamos, o que comemos, aquilo no que traballamos (iso non sempre), os amigos, o diseño do sitio, as ferramentas... Aínda que hai cousas que non escollemos: a climatoloxía do día, a terra na que nacemos, a combinación xenética que herdamos, os días que o servidor está furrulando ben ou mal para poder renova-lo sitio... Moitas cousas. Eu sempre fun de mal escoller, moitas cavilacións e poucas accións, por iso vedes hoxe isto distinto, coma se tivese feito un transplante de faciana, xa vedes. E por iso tardei en mudala.
AS COUSAS QUE CAVILO, non sempre as escribo; e as que escribo, ás veces semellan non ter sido caviladas, coma se algo dende fóra o puxese dentro dos meus miolos, ou coma se súpetas abrollansen da nada, polo tanto, se algunha das cousas que aquí poño non as entendedes, ou non estades dacordo, desculpade. Eu son así, ou se cadra non, e só é como eu penso que son. Hoxe, é un eixo, un ponto de forza da panca para mexe-lo mundo, o meu mundo. Se cadra, non vai ser esta a derradeira muda... os ictioscopios son seres fabulosos e fénixios, e rara vez morren. As ligazóns dos cotíos as máis das veces teñen vida propria mesmo. Tamén mudaron Eva-siva, a sorprendente mulleraraña, e máis ca ningún o orballo fotografeiro. Saúdos.


No, tranquilos, no voy a hablar de política ni de "las elecciones", sino de elegir. Pasamos todo el tiempo, toda la vida, eligiendo. La ropa que vestimos, lo que comemos, aquello en lo que trabajamos (eso no siempre), los amigos, el diseño del sitio, las herramientas... Aunque hay cosas que no escogemos: la climatología del día, la tierra en la que nacemos, la combinación genética que heredamos, los días que el servidor está funcionando bien o mal para poder renovar el sitio... Muchas cosas. Yo siempre he sido de mal elegir, muchas cavilaciones y pocas acciones, por eso veis hoy esto distinto, como si le hubiese hecho un transplante de cara, ya veis. Y por eso tardé en modificarla.
LAS COSAS QUE PIENSO, no siempre las escribo; y las que escribo, a veces parecen no haber sido pensadas, como si algo desde fuera lo metiese dentro de mi cabeza, o como si súbitas brotasen de la nada, por lo tanto, si alguna de las cosas que aquí pongo no las entendeis, o no estais de acuerdo, perdonadme. Yo soy así, o tal vez no, y sólo es como yo pienso que soy. Hoy, es un eje, un punto de apoyo de la palanca para mover el mundo, mi mundo. Pude que no vaya a ser ésta la última mutación... los ictioscopios son seres fabulosos y fénixios, y rara vez mueren. Los enlaces de los cotidianos la mayoría de las veces tienen vida propia. También mutaron Eva-siva, la sorprendente mujeraraña, y sobre todo el orballo fotografiador. Salúdos
.

No