Hoxe, recén chegado á casa, ás nove pasadas, despois de mercar alimentos, despois de cavilar en misturar roupa, deterxente, e auga na lavadora (estar fóra na fin de semana leva a estas cousas...) decateime de que nestes días, sempre nestes días, é probabel que remate unha longa viaxe de sete anos, o cal carrega co comezo doutra nova. Sospeito, logo, que o ictioscopio vulgaris agroma na primavera, co sol; e iso que eu seica son lunático... O caso é que nesta semana remato o curso de diseño de páxinas web, máis pobre do que eu quixera, mas é de balde, e cabalo de balde sae fanado.... fanse tres anos no mesmo traballo (de máis xa, non ten ninguén algo para min?), dous anos doutra cousa, sete doutra... ben, o certo é que tódolos días se fan anos dalgo, non?
Hoy, recién llegado a casa, a las nueve pasadas, después de comprar alimentos, después de pensar en mezclar ropa, detergente, y agua en la lavadora (estar fuera el fin de semana lleva a estas cosas...) me di cuenta de que en estos días, siempre en estos días, es posible que termine un largo viaje de siete años, lo cual conlleva el comienzo de otro nuevo. Sospecho, entonces, que el ictioscopio vulgaris rebrota en primavera, con el sol; y eso que yo dicen que soy lunático... El caso es que esta semana termino el curso de diseño de páginas web, más pobre de lo que yo quisiera, pero es gratis, y caballo gratis no tiene dientes.... llevo tres años en el mismo trabajo (demasiados ya, ¿no tiene nadie algo para mi?), dos años de otra cosa, siete de otra... bien, la verdad es que todos los días se cumplen años de algo, ¿no?





