Escollendo
Escoller é o que hai para facer cada día, cada intre, coller un camiño ou outro, dicir si, dicir non, ser feliz e pobre, ou rico e arrenegar dun mesmo, escreber ou non escreber, falar ou calar, debuxar e pintar ou (de novo) escreber, por que non as dúas? as tres? as todas? non quero escoller, quero facer sen medo a pasar fame ou ficar na rúa sen teito, quero ser o que debera ser, non o que as normas dos outros me deixen ser...
Comentario:
non digo que a sensibilidade estea só no actuar :) non fagas moito caso, isto que escrebo son probas para facer un traslado do meu "outro eu", onde sei estiveches ;) e reconducilo. Mañá pararei a "contemplar" o teu polidamante con sosego :)
Un Saúdo.
Un Saúdo.
Comentario:
A máis esperar, observar, repirar, durmir,...
¿non ésa outra vida igual? a sensibilidade non está so no actuar, penso.
e ata creo que se as veces esperas e contemplas, descubres cousas ques vas con demasiada prasa nin siquiera te decatarías, se cadra.
Un abrazo,
polidamante.





