BO DÍA. Onte á tarde achegueime até o centro de Madrid; fixen o pedido, xa, de Jazzuela, unha selección da música referida en Rayuela, e merquei tamén o filme en DVD Bo día (Ohayô), de Yosujiro Ozu posto á venda xunto con outros do director xaponés co gallo do centenario do seu nacemento. É tamén un dos dous filmes que estrearon nos cines Verdi, en Madrid, polo mesmo motivo uns meses atrás; foi aí onde descubrín este divertido filme que hoxe vos recomendo.
Despois fun ver Goodbye Lenin!, de Wolfgang Becker, que levaba pendente do ano pasado, e que abofé paga a pena vela. A banda sonora de Yann Tiersen tamén está ben, aínda que un dos temas principais lembroume de máis aos que compón Rodrigo Leão, maiormente unha das cantigas do seu Ave Mundi Luminar, plaxio ou influenza?
ACTRICES. Na Good bye Lenin! sorprendeume a actriz Chulpan Khamatova, un rosto novo para min (de cada vez disfruto máis cos filmes nos que non coñezo aos actores), deses que namoran cunha beleza natural e cotiá (fóra do esterotipo hollywoodiano) misturada cun talento de actriz extraordinaria, como acontece coa actriz Scarlett Johansson, fermosamente desleixada en Lost in Translation, onde a descobrín, e que mañá se cadra vou ver no filme Moza con pendente de pérola (Girl with a Pearl earring), de Peter Webber. Teño curiosidade por ver como fotografaron a luz dos cadros de Vermeer.
COMENTARIOS. Matinando no dos comentarios, na carenza deles máis ben, agás excepcións; o certo é que recoñezo que eu non son amigo de deixalos nos sitios que visito, aínda que por veces si, prefiro mandar correos se penso que merece algún comentario especial; co cal, é normal que non me deixen comentarios a min tampouco, certo, non é?
AMOR. Se queredes vivir unha historia de amor con remate feliz, visitade este sitio, e non preguntedes como o topei porque non busco o amor na rede :P.
BUENOS DÍAS. Ayer por la tarde me acerqué al centro de Madrid; hice el pedido, ya, de Jazzuela, una selección de la música referida en Rayuela, y compré también el DVD
Después fui a ver Good bye Lenin!, de Wolfgang Becker, que llevaba pendiente del año pasado, y que realmente merece la pena ver. La banda sonora de Yann Tiersen también está bien, aunque uno de los temas principales me recordó demasiado a los que compone Rodrigo Leão, sobre todo una de las canciones de su Ave Mundi Luminar, ¿plagio o influencia?
ACTRICES. En Good bye Lenin! me sorprendió la actriz Chulpan Khamatova, un rostro nuevo para mi (cada vez disfruto más con las películas en las que no conzco a los actores), de esos que enamoran con una belleza natural y cotidiana (fuera del estereotipo hollywoodiense) mezclada con un talento de actriz extraordinaria, como sucede con la actriz Scarlett Johansson, hermosamente desaliñada en Lost in Translation, donde la descubrí, y que mañana quizás veré en La joven de la Perla(Girl with a Pearl earring), de Peter Webber. Tengo curiosidad por ver como fotografiaron la luz de los cuadros de Vermeer.
COMENTARIOS. Pensando en lo de los comentarios, en la carencia de ellos más bien, salvo excepciones; lo cierto es que reconozco que yo no soy amigo de dejarlos en los sitios que visito, aunque a veces sí, prefiero mandar correos si creo que merece algún comentario especial; o sea que, es normal que no me dejen comentarios a mi tampoco, ¿verdad?
AMOR. Si quereis ser protagonistas de una historia de amor con final feliz, visitad este sitio, y no me pregunteis como lo encontré porque no busco el amor en la red :P.
espero que la disfrutes.
Difiero de tu opinión sobre las mujeres: yo soy fan de Marilyn Monroe :P