logotipo

img_google
Home de Areia
O home não é feito de barro mas de areias movediças...
Acerca de

... é por isso que teima em se afundir e arrastar consigo aos que tem ao seu lado

Sindicación
 
PINGUEIRAS / GOTERAS

Chove. Leva catro días chovendo en Madrid. Os veciños de embaixo teñen pingueiras. Pensamos que era cousa do meu chuveiro, mas non, a chuvia do domingo revelou a verdade. O cano que recolle a pluvial ten que ter unha perda. Están arrombando iso e mañá teño que deixar unha chave do andar. Non sei, levo moitos días de desorde. O curso de venres e sábado tenme derreado. Eu tamén teño pingueiras, filtracións nos miolos, filtracións de línguas (idiomas); non quixera facer política neste sitio (nin os alieníxenas comedores de feixoada conseguiron facer aos políticos ter siso), mas se cadra, algún día terei que dicir algo. Non sei, pingueiras, pingas, son as vidas. Fican engasgadas na superficie do vidro ata que, súpeto, collen pulo; e corren a morrer para aló embaixo. Hoxe escribín: O tempo corre coma se estivese "dopado". Porque a xente morre antes do que pensamos, porque somos pingueiras, pingas, no infinito oceano do universo. Desculpade a metafísica mas chove, e hai pingueiras...




Llueve. Lleva cuatro días lloviendo en Madrid. Los vecinos de abajo tienen goteras. Pensamos que era cosa de mi ducha, pero no, la lluvia del domingo reveló la verdad. El desagüe que recoge la pluvial debe tener una fuga. Están arreglando eso ymañana tengo que dejar una llave del piso. No sé, llevo muchos días de desorden. El cursillo de viernes y sábado me tiene agotado. Yo también tengo goteras, filtraciones en el cerebro, filtraciones de lenguas (idiomas); no quisiera hacer política en este sitio (ni los alienígenas comedores de fabada consiguieron hacer a los políticos entrar en razón), pero tal vez, algún día tendré que decir algo. No sé, goteras, gotas, son las vidas. Quedan enganchadas en la superficie del vidrio hasta que, súbito, cogen impulso; y corren a morir para allá abajo. Hoy escribí: El tiempo corre como si estuviese "dopado". Porque la gente muere antes de lo que pensamos, porque somos goteras, gotas, en el infinito océano del universo. Perdonadme la metafísica, pero llueve, y hay goteras...

No