Dous dos nosos artistas

Aquí che presentamos a María e a Iván. Atoparalos en Silleda, por suposto, pero tamén na rede. Agárdante na sección de enlaces desta bitácora.
Discurso inaugural
Ola. Esta bitácora vai ser un vieiro de comunicación para irche contando as cousas que facemos nos cursos para educación de persoas adultas que se imparten no IES Pintor Colmeiro.

Un weblog, chamado tamén blog ou bitácora, é un sitio web periodicamente actualizado que recopila cronoloxicamente textos e/ou artigos dun ou de varios autores. Esta definición está recollida textualmente da Wikipedia, unha enciclopedia libre que se constrúe, actualiza e consulta en internet.

O fenómeno das bitácoras está en fase de explosión: din por aí que cada día aparecen 70.000 novos blogs.

É difícil publicar unha bitácora? En absoluto. Tan só terás que rexistrarte como usuario/a e seguir unhas instrucións moi sinxelas para ilo actualizando. Aquí cho explican ben explicado. Bueno, fai falta algo máis: ter algo que contar (ou facer por telo). E non o esquezas: ter un blog no che costará un céntimo. Hai quen dea máis?

De que fala a xente nas súas bitácoras? Do divino e do humano, claro. Uns utilízana como diario; outros para poñer o dedo na chaga; hai quen emprega o blog como complemento profesional; non falta, por suposto, quen fai uso da súa bitácora para proclamar aos catro ventos a súa fe inquebrantable. En fin, unha bitácora será o que cada un queira que sexa.

As fotos corresponden ás nosas primeiras clases. Dentros duns meses, todas e todos informáticos. Veredes como é así.