Cada vez máis
Este artigo do xornal compostelano El Correo Gallego é un bo exemplo da progresiva importancia que está a cobrar na nosa sociedade a formación dirixida á poboación adulta.
As opcións do PGS
O seu nome é Juan, pero el quere que lle chamen Jova. O ano pasado chegou ao IES Pintor Colmeiro para facer o noso programa de garantía social, despois de cursar -que non estudar- varios anos da ESO.Ao igual que os seus compañeiros, Jova sabía que o PGS do noso centro é unha chave que abre varias portas: a do mundo laboral, a do ensino para persoas adultas e a das probas que permiten acceder directamente aos ciclos formativos.
Chegado o momento, Jova presentouse a esas probas de acceso a ciclos e superounas. Agora, uns meses despois, está matriculado no ciclo medio de comercio e ten na súa man todas as opcións para obter unha titulación, a de técnico, que lle abre as portas para incorporarse en boas condicións ao mercado laboral.
Cómpre dicir que, ademais de Jova, houbo dous alumnos máis do noso PGS que superaron esas probas: Manuel e Xavi. Ogallá aproveiten esta oportunidade.
Nivel III

Estes mozos e mozas son o noso alumnado do nivel III de educación de persoas adultas.
Agora mesmo están a cursar o módulo 3, que equivale a 3º da ESO. En febreiro pasarán ao módulo 4, o equivalente a 4º da ESO. En xuño, vacacións e, esperemos, título de graduado en educación secundaria.
PGS

Pode parecer que PGS é unha errata e que o que realmente quixemos escribir foi GPS. Pois non foi unha errata, porque PGS é o acrónimo co que nos referimos a unha actividade formativa que se oferta no noso centro e que se denomina, con todas as letras, programa de garantía social.
No noso centro desenvólvese un PGS denominado Servizos auxiliares de oficina.
Para informarte a fondo sobre o que é un programa de garantía social e as posibilidades que ofrece, o mellor é que vaias a este enlace.
Se queres saber que programas de garantía social se ofrecen nos centros de ensino públicos galegos, pincha aquí.





