Doces desexos
Éramos moitos os que compartíamos aquel espazo de brilos e de formas suxestivas. Uns cos outros formábamos un conxunto para ofrecer ós sentidos, e, ó ser mostrados ó levantarse o pano que nos cubría, os ollos abríanse con asombro ó mesmo tempo que un ¡uhhhmmmm! soaba como unha fermosa melodía.
Pero nada sucede por casualidade, segundo a posición que ocupásemos así sería o noso destino, ainda que nada o fixese sospeitar. Mentras a música soaba unha man achegábase tímida e desexosa como os beizos que logo nos acollerían e tomaba a un de nós con suave firmeza, deixando un valeiro na caixa e no noso corazón…
Os do medio correron peor sorte, logo os pretos ós recantos…un tras outro ían abandoando a casa compartida e elevándose no ar, desaparecían…
Cando ti abriche a caixa dos bombóns e sentín os teus ollos sobre a miña pel de chocolate sabía que soamente ti e naide mais ía pechar o meu destino. E quería que así fose.
Non opuxen resistencia. Xa non me importaban os meus solitarios compañeiros, xa só pensaba en mín, e mais en ti, e no máxico momento que ía acontecer cando a tua boca me rozase, e a tua lingua se fundise conmigo.
Xa pasaron algúns días dende entón, agarráchesme sorrindo e das tuas mans pasei directamente ó teu bolso. Como si quixeses tí tamén alongar este momento de espera, viaxei contigo boca abaixo pero moi preto de ti, escoitando a tua voz seguía pensándote…e ti tampouco te esqueciches de mín. Nada mais chegar á casa os teus dedos rescataronme da oscuridade e pasei a ocupar un privilexado primeiro plano na tua mesa de noite. Aquí estou ben, comparto contigo os mellores momentos, mentras sigo soñando…

Comentario:
Que dulce eres y que bien lo haces !
Comentario:
doce e lingua :-) é certo lorena, ¿sabes o que pasa? é o meu meiramés, que non cadra nin co galego nin co castelán. non sei nadar, pero ás veces síntome peixe. biquiños as dúas
Comentario:
Sóame!!! É fermosa a personificación ou a obxetización, non sei que pensar. É doce coma ti.
(hai que dicirlle a X. Antón que é: doce, doce...)
(hai que dicirlle a X. Antón que é: doce, doce...)
Comentario:
E ten licor non? e guinda para xogar con ela na punta da lengua uhmmmm... dulce, dulce
Bikiños
Bikiños
Comentario:
enhorabuena, bombón. no mucha gente tiene esa habilidad para yuxtaponer palabras tan femeninamente...
bicos
bicos