logotipo

img_google
La vida en lila
Reflexiones, historias, relatos, ...
Acerca de
La amistad supera a las circunstancias...
Sindicación
 
Ceuta
Sinto que hoxe me falta inspiración para acercarme ó recordo dunha cidade amada por vivida. Que a soa evocación da mesma xunta en mín sentimentos e paixóns, olores e cores, risas e dor, como todo o que queremos porque forma parte de nós.
Achegueime a Ceuta aló polo ano 92, recién aprobada unha oposición e estreando os vinte anos. Á primeira ollada dende o barco pareceume sin mais un mundo distinto creado para mín, casas brancas, palmeiras e un mar en medio da miña vida anterior e aquela que ía comezar alí.
As cidades son a suma de sí mesmas e de cómo nós as vemos e entón pareceume unha cidade extraña pero chea de espectativas. Tiven no barco o primeiro acercamento ós seus habitantes, cousa que facilitou bastante o viaxar soa e o ter louro o cabelo…
Baixei do barco cunha mochila, xa pola tarde, nun mes de xuño caluroso, e aí vivín de verdade o primeiro contacto real.
Unha gran avenida principal chea de tendas de reloxos e de teas, as mulleres vestidas con xilabas e algúns homes tamén, o ruido dos nenos xogando nas ruas estreitas, e as casiñas baixas dos barrios da periferia que descubriría uns días despois.
Pero logo fun descubrindo mais cousas, moitas mais. E fun sentindo o pulso da vida que se vive en esos días que se escapan entre rutinas e horarios, esperando algo mellor.
Gustabame percorrer as ruas valeiras na madrugada cando ía a traballar, as luces amarelas reflexando as casas con balcóns, e os gatos e a lúa e o cheire a azar. Poucas horas despois o mesmo escenario estaría cheo de xente, de mercados abertos, de berros, de olores e de sol. Cidade misteriosa, chea de historia e tan descoñecida. Celebraba ca mesma paixón a Semana Santa que o Ramadán, todo tan esaxerado.
Pecho os ollos e viaxo ata a carretera sen beiravía que leva a Benzú, deixando a costa rocosa e as vistas a Tarifa á dereita. Esperanos un chiringuito típico e destartalado que parece flotar e pedimos té verde con pastas ou pinchitos. Música árabe e boa compañía, así o recordo…Como tamén recordo os bares onde pedir “pescaíto” e as noites de feira de agosto, o encendido de miles de lámpadas e o viño “fino de xerez”.
Amigos, amores, unha enorme noria, os planes feitos só ata mañán, a vida sen límites, sen demasiadas obrigas, a liberdade total.

 
Comentario:
aunque no sé gallego te he entendido porque yo viví allí yo sentí allí y como dices conocimos juntas la libertad...entre rejas.
un beso de la enfermerita
 
Comentario:
Me he pasado por aquí para dejarte
una abrazo y un beso amiga..
Espero que estes bién bonita.
 
Comentario:
Mayka, tus textos como siempre una maravilla...
Siempre que te leo, me dejas pensando... y eso es bueno...
Mil besos bonita
 
Comentario:
...pero, sin tí, ya no es la misma. Un..."septaui". Besos.
 
Comentario:
O mundo é un reconto de postales das cidades que levamos dentro; cidades como esa Ceuta dos teus vinte anos. Para tí que ha coñeceche, e para os que a ollamos nas tuas verbas, Ceuta xa é unha imaxen feita.

Bikiños
 
Comentario:
Azul, gracias por tus visitas, me paso como siempre a leerte pero no consigo escribir en tu blog,caprichos de la técnica supongo, besos!!!!
 
Comentario:
Simplemente vivir....y disfrutar cada momento!!

Mil bikos.biko azul
No