¿E se Estados Unidos non fose o protagonista de todo o que pasa no mundo?
Creo que en Occidente temos certos erros de comprensión do que pasa no mundo islámico e que tendemos a minusvalorar as dinámicas internas deses países e a sobrevalorar o papel occidental. Me parece que dende o islam a interpretación da execución de Sadam é moi diferente da maneira en que a percivimos fora. A execución foi unha escenificación relixiosa. Para os chiitas o aforcamento foi a xusta vinganza sobre un inemigo da chía, de ahí os berros con que os militantes chiies presentes acosaban a Sadam. Para os sunnies, o aforcamento supón o martirio dun lider sunní, co corán no peto e unha oración nos seus beizos, a mans dos herexes.
Semella que o mundo islámico está sumido nunha especie de guerra civil, que empezou como una sorte de guerra fría e que se está quentando gradualmente. O mundo islámico está polarizado en torno a dous réximes fundamentalistas: Irán (chiies) e Arabia Saudí (sunnies). Entre eses dous países hai toda unha pleiade de paises musulmans máis ou menos aliñados con un ou outro, ou que tentan de manterse ó marxe dese aliñamento. Tanto Irán como Arabia Saudí financian milicias para-estatais que operan en terceiros países. Irán ten unha estructura máis estatal mentres que Arabia Saudí ten unha estructura máis tribal e informal que permite ás suas clases dirixentes una ampla capacidade de acción sen comprometer ó seu goberno. En canto a forza militar convencional, Irán só conta co seu propio exército mentres Arabia Saudí conta co paraugas militar de Estados Unidos, ainda fiel a pesar de todo a Arabia Saudí polos vencellos entre as grandes petroleiras estadounidenses e Arabia Saudí.
O papel de Estados Unidos nesta situación pode que no sexa tan grande como podemos imaxinar acostumados ó protagonismo de occidente, que na práctica EEUU non sexa moito máis que un aliado militar de Arabia Saudí e que por diversas razóns os fundamentalistas islámicos máis radicais de ambalasdúas tendencias estén a tratar de sacar a ese xogador do taboleiro.