Blogs.ya.com Quitar publicidad
O Mundo de Neolinux
Informatica, Pcs, Accesorios, Internet, CD e DVD, etc.
Sindicación
 
Jazztel multiplicará por 8 a velocidade do seu ADSL

Jazztel quere contribuír á revolución do ADSL en España reaccionando cunha mellora da súa oferta, de xeito que en vez de duplicar a velocidade das súas conexións a multiplicaría por 8, ofrecendo 4 Mbps por 33 euros/mes (permitindo tamén a realización de chamadas de voz), ofrecendo tamén un plan de 16 Mbps por 60 euros/mes.
Estas ofertas tan agresivas comezarían a partires do mes de xuño e cubrirían o 50% da xeografía española, agardando estar no 80% do Estado antes de rematar 2005, polo que terán que realizar un investimento en infraestruturas de entre 100 e 150 millóns de euros.
A medida de Jazztel pretende mellorar a súa situación no mercado, pasando do 1,5% de penetración actual a un 3%, o que suporía unha mellora moi importante. Tamén pretenden lanzar un servizo de televisión a través da liña telefónica, aínda que non está concretado.
 
No