logotipo

img_google
O Mundo de Neolinux
Informatica, Pcs, Accesorios, Internet, CD e DVD, etc.
Sindicación
 
Ryanair


É sorprendente o número de reservas que se están a realizar dende a web de Ryanair (www.ryanair.com) para saídas dende Santiago até Londres (Standsted). Tanto polo que se publica en xornais e outros medios dixitais como á hora de comprobar prezos on-line na mesma web de ryanair.

O prezo de saída dos vós é de 3,99 Euros pero nalgúns casos xa se achegan aos 40 euros en datas puntuais como a Ponte da Ascensión (5 de Maio) ou a das Letras Galegas.
Non é extraño comprobar que ao parecer, Ryanair está empezando a funcionar entre os composteláns e os galegos en xeral que queren darse un garbeo por Londres sen te que pagar cerca dos 600 euros que piden Iberia ou calquer outra compañía aérea.

O proceso de reserva é extremadamente claro i efectivo, en tan só uns minutos (se a rede non se colapsa) podedes reserva un vó a un prezo moi baixo (podedes comparar en webs da competencia coma: www.viajesiberia.com, www.air-europa.com, www.spanair.es, www.easyjet.com etc. Logo de todo, tedes que introducir os vosos datos, unha recomendación sería que os puxerades tal e como constan no voso DNI para evitar calquer tipo de problema se o houber.

Logo avisarvos que o pago ten que ser con tarxeta de crédito ou débito (Visa ou Mastercard) e que o importe seravos cargado de inmediato na vosa conta (non tarda máis de 2 días).

Polo resto, Ryanair mándavos un mail de confirmación á conta de correo electrónico que lle indicarades na reserva cos vosos datos de confirmación e un número moi importante que será o que teredes que anotar ou ben presentar o mail onde sae, á hora de recoller o embarque xunto coa tarxeta coa que pagachedes e o DNI no aeroporto de Lavacolla ou Standsted no posto de Ryanair.

Podedes confirmar que a vosa reserva se atopa on-line premendo na web de Ryanair, no boton de consulta de reserva.

Polo resto nada, o hotel logo de consultar prezos por distintas axencias de viaxes, decidimos compralo tamén por Internet en www.marsans.es (a web da compañía de viaxes), dicir que neste caso, faise unha reserva na que o número de tarxeta é obrigatorio deixalo (tipo Bancotel se o coñecedes) xa que logo, será o hotel en Londres cando vos vaiades quen vos cobre directamente.
O Hotel está de puta nai, en pleno Bayswater, no corazón de Londres, un 3 estrellas deses con almorzo incluído.
Dicir, que postos en conctaco co hotel para verificar que lles chegara a reserva, non houbo problema algún e por mail no-la confirmaron.

Polo do idioma, a web de ryanair e a de marsans estan en español (destacar que a de ryanair nalgúns intres mezcla tanto inglés coma español).

Finalmente, indicarvos unha cousa, canto antes pensedes en reservar, moito máis barato vos sairá a cousa, posto que esta compañía coma todas, cantos antes lle compres, máis barato.

Un saúdo.


No