Guía do alumnado 2006-07

Presentámosche a Guía do alumnado 2006-07. Aquí encontrarás información sistematizada e actualizada que che axudará a manexarte mellor no IES Pintor Colmeiro: os/as titores/as e os seus horarios, os nomes dos delegados e delegadas de cada curso, contidos relevantes do Regulamento de Réxime Interior, os horarios de atención do orientador, etc.
Se queres acceder a este documento só terás que facer clic na seguinte ligazón:
Guia_alumnado_0607_web.pdf
Éxito das Xornadas de Orientación
No artigo artigo anterior informabamos da celebración das Xornadas de Orientación Académica e Profesional no IES Pintor Colmeiro. Hoxe damos conta da valoración que recibiron por parte do alumnado ao que ían dirixidas.
Desde hai un tempo, no noso centro estase a establecer o hábito de convidar aos destinatarios de calquera actividade que organizamos a que a valoren e a que aporten suxestións que axuden a introducir melloras.
No caso que nos ocupa, que é o das Xornadas de Orientación Académica e Profesional, a valoración facémola utilizando un modelo de cuestionario cunha serie de ítems (preguntas) que se poden puntuar de 1 a 5.
En total, pasáronse dez cuestionarios. En nove deles a valoración global superou o 3, que é onde situamos o noso aprobado, e mesmo acadamos unha puntuación superior a 4 en tres deles.
Se queres ver en detalle os cuestionarios e as puntuacións só terás que ir pinchando nas ligazóns seguintes:
LALIN._FEBREIRO_2006.pdf
CSCeM._MESA_REDONDA._FEBREIRO_2006.pdf
CSCeM._CIMO_EMPREGO._FEBREIRO_2006.pdf
CMC._MESA_REDONDA._FEBREIRO_2006.pdf
CMC._CIMO_EMPREGO._FEBREIRO_2006.pdf
CMACTIVIDADES._CIMO_EMPREGO._FEBREIRO_2006.pdf
CM_Actividades_Fisicas._MESA_REDONDA._FEBREIRO_2006.pdf
4_ESO._FEBREIRO_2006.pdf
2_BAH._USC._FEBREIRO_2006.pdf
2_BAH._OFERTA_INTERNA._FEBREIRO_2006.pdf

Xornadas de Orientación

Os días 7, 8 e 9 de febreiro terán lugar no noso centro as XORNADAS DE ORIENTACIÓN ACADÉMICA E PROFESIONAL. Se queres ver o programa destas xornadas, fai clic na seguinte ligazón:
mes_orientacion_2006_lite.pdf
Programa Orienta

Xa está a disposición de todo o alumnado de bacharelato do centro unha copia do programa ORIENTA 2005/06. Pasa polo departamento de orientación e recolle o teu CD.
O alumnado de 4º de ESO recibirao dos seus titores/as.
Temos a porta aberta

No Departamento de Orientación do IES Pintor Colmeiro estamos de estrea. Mellor dito, de estrea e en fase de probas. Agora che contamos.
Levamos un tempo valorando as posibilidades que nos ofrecen as tecnoloxías da información (TIC) para poñer en marcha un instrumento que nos axude a axilizar a comunicación. Despois de considerar moitas opcións chegamos á conclusión de que o formato blog pode sernos de gran axuda para acadar este propósito. Por iso abrimos esta porta.
Será este un espazo para a información. Nin máis nin menos. Breve, concisa, clara. Estaremos atentos a aqueles acontecementos que consideramos deben ser recollidos en titulares e procuraremos aportar ligazóns que che permitan explorar pola túa conta.
Vaiamos, sen máis preámbulos, cun asunto de actualidade no noso centro. Estes días estamos a preparar unha conmemoración moi especial e nada festiva: o Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra a Muller. Será o 25 de novembro, data na que se lembra o asasinato das irmás Mirabel e o suplicio polo que pasan e levan pasado tantas e tantas mulleres nun arrepiante goteo de dor e morte que, entre todos e todas, temos que frear xa.
Propoñémosche que visites estas páxinas se queres ter máis información:
- Amnistía Internacional
- Xornal.com
- Servizo Galego de Igualdade
Isto é todo polo de agora. Esperamos que nos visites con frecuencia. Xa sabes: temos a porta aberta.