logotipo

img_google
Vida y Milagros de un Informático
Vivencias de un informático y parado en ciernes al comienzo de su carrera profesional.
Prólogo
Incording people since april the 17th 2005
Sindikatua
 
Novo choio, nova vida (e outras petisoperías)

Hoxe comecei a traballar de novo, outra vez na Coruña, outra vez nunha renomeada "galera" do mundo da informática, pero coa inestimábel compaña de Jackie (e un par máis de coñecidas). Coma tódolos primeiros días de traballo foi unha extraña mistura de sensacións: desafogo por xa non estaren no paro, afogo por non comprender nada, odio cara uns superiores que xa demostran ser idiotas de partida e ledicia porque parece que me vou atopar con boa xente en xeral.

Puxéronme a estudar "formularios PDF" (cosa que eu na puta vida vera), pero que finalmente non é senón outro xeito máis de facer informes, coma pode ser Crystal Reports, pero ideado por Adobe. En principio seica vou tirar un par de semaniñas con iso pra me meter despois de xeito definitivo nun proxecto J2EE, pero todo está un pouco no aire, así que non sei onde podo rematar. O único que sí que pido é que polo menos me dean unha mesa e unha silla de verdade, porque só traballei un día e xa me doe o lombo cousa fina.

Por sorte, coma mañá é festivo na Coruña, puidenme vir pra Ferrol (eu iría a outro sitio máis o sur, pero o que busco moveuse un chisco máis lonxe) e así polo menos desfruto doutro día libre e, o que é máis importante, pagado. Mañá volta a erguerse tarde e raña-la piroliña coma veño facendo o último mes e medio.

Bueno xente, despídese noticias breves, Míster Quitanieves, que só vos quería informar das novas a aqueles cos que fai tempo que non me comunico.

Até eiquí o capítulo de hoxe, astardes.