Tenteino, xuro que o fixen; empreguei toda a potenza dos meus miolos pra convence-lo meu corpo de que mañá é mércores, pero non me quixo escoitar. O meu fígado atormentaba á columna que ó seu tempo mortificou ó meu cerebelo pró animaren a sair de noite. Finalmente desistín, se a natureza quere que sexa así, pois será. Pouco lle importou ó aparato dixestivo que sexa martes e non venres ou sábado, mañá é festa e chega dabondo.
De comezo vou cear de lixeiro, tentando minimiza-la taxa de alcol, que xa sei o que hai ó día seguinte senón o fago dese xeito. Despois irei aumentando os niveis paseniño, até non me ter de pé pra variar... é broma, nin tanto nin tan pouco que hoxe vai caer de relax. Non creo que haxa moita farra porque, a fin de contas o xoves e o venres hai que voltar ó choio, e non está o "forno pra bolos".
O Ivansinho marchou pra Compostela porque ten importantes negocios que atender na zona, relacionados coa captura de bacallau, así que semella que imos estar só Ares e máis eu pra defende-la honra do grupo (ó final sempre pringan os mesmos). Non importa, abondámonos pra queima-las rúas (non de xeito literal, claro), só temos que rememorar outras épocas de menos preocupacións e obrigas, e santas pascuas.
A única tacha pró temporal de farra vai se-lo feito de que onte rematei as pastillas, e non "debería" de abusar do alcol. Por iso non hai problema, xeralmente é o alcol o que abusa de min, e aínda así querémonos moito. Todo será cuestión de non beber máis do recomendábel (isto é, máis do que gaño nunha xornada de traballo).
As opcións son múltiples e moi variadas: Manchita, Alborada, Ghetto, Lupita, Limbo, Trasnos, e un longo etcétera de garitos que non é motivo de citar, pero que poden de xeito sobrado farta-lo noso sede a un prezo relativamente económico. E ademáis, coma imos cear por ahí cecáis sexa bo intre pra proba-lo sitio de comida asiática que montaron dacarón da miña casa (kebaps, falaffel e outras porcalladas varias).
Se sigo vivo dentro dun par de días heivos deleita-los tímpanos coa situazón real da miña vida laboral (onde estou, coma estou, pra onde vou e por onde recibo); total xa que algún energúmeno deu en me chamar cotilla, pois entón iso, a contar a vida propia, pra equilibrar.
Até aquí o capítulo de hoxe, boasnoites.





