Ás veces o exceso de precaución na toma de decisións leva á perda de incríbles oportunidades. Iso alomenos pode ser o que "acaso" me ocorrese a min nos últimos tempos. Agora xa podo pasar días a pensar onde faiou a máquina, pero no fondo sempre souben a resposta: tardei demasiado en botar gasolina, cavilando onde estaría máis barata. O único que me queda é darme croques coas paredes pra aprender a non seren tan idiota.
Xa sei que non son precisamente o máis indicado pra lle dar consellos a ninguén en relación a determinados temas, pero facédeme caso: non esperedes demasiado a que o viño se faga bo, ou beberedes vinagre. Últimamente cavilo cada vez máis a miúdo se a miña situación será cuestión de mala sorte ou de idiotismo profundo, pero non hai nada que non soluzoen as pastillas correctas.
Se aínda queda alguén próximo a min que non collera o sentido de todo o anterior, pois síntoo, pero non penso dar explicazóns nen nomes concretos nesta miña páxina, porque iso está moi feo. O que vou facer agora é esperar, coma fan os cazadores, ata que a mesma presa (ou outra do mesmo calibre) pase perto á toxeira onde me escondo, total pró que teño que facer...
O último por facer xa é lembrarvos que o Nadal está á volta da esquina e que deberiades de tomarvo-la molestia de mercarlle algo ós vosos achegados, que unha vez ó ano non fai dano. Eu, pola miña parte xa levo fundido prácticamente un soldo en agasallos, e a verdade é que, unha vez feito, dinme de conta de que case me doe máis o que gasto en cubatas cada fin de semana.
Non é que o Nadal sexa precísamente a miña época favorita do ano porque, en verdade, odio toda a parafernalia de luces e panxoliñas coas que nos atormenta o Corte Inglés e os seus seguidores sectarios; pero coido que hai que aproveitar cada minuto libre (e deses hai moitos na mencionada época) pra non se arrepentir despois do feito ou deixado de facer.
Trocando de tema radicalmente pido desculpas os poucos lectores que poda ter pola ausenza de textos do último mes, pero non tiña demasiadas ideas (nen tempo) e pra escribir mal, é preferíbel non o facer. Gustaríame poder colgar máis artículos, pero non me sobra o tempo de lecer, precisamente, e o pouco que teño prefiro pasa-lo nas rúas e bares, no canto de diante dun ordenador, espero que o comprendades.
Até eiquí o capítulo de hoxe, astardes.





