logotipo

img_google
Vida y Milagros de un Informático
Vivencias de un informático y parado en ciernes al comienzo de su carrera profesional.
Prólogo
Incording people since april the 17th 2005
Sindikatua
 
Caderno de Bitácora (e outras petisoperías)

· Data estelar, xoves 27 de abril de 2006: despois dun duro día de traballo no Centro de Explotación Pre-Contractual decídese, por esgotamento, aburremento (e unha promesa inviolable feita ó capitán I. d'Jopa nunha noite de densa néboa etílica); confirma-la partida, pasado mañá, cara a mundos descoñecidos. Acompáñanos a esperanza de aventura, a inconsciencia da xuventude e o odio á un xeito de vida que aburre ós santos.

Co gaio de cumpri-las condicións psico-somáticas precisas prá longa viaxe na nave nodriza (modelo Seatoledo) acordei co capitán o correcto descanso na noite de mañá, pra evitar problemas coas patruias tricórnicas que controlan os lindes do noso sistema.


· Data estelar, venres 28 de abril de 2006: saio de novo do C.E.P-C e despois de reunirme co persoal de rigor afín á causa (recibo un aviso do capitán), seica se inaugurou un novo almacén de vituaias e hai que comproba-las existencias. A pesares da promesa feita, o capitán e máis eu acordamos tácitamente rompe-la dacordo á nosa profesionalidade, que nos impide permitir que outras compañeiros podan consumir vituaias non ensaiadas.

Reunímonos con outros profesionais do ramo e acercámonos até o novo almacén; que resultou ser un local de autoservizo. Así que despois de consumir unha dose bastante superior ó normal nos tanques de etilsupervivencia decidimos pasar revista ós almacéns avituais, pra non correr riscos (véxase o Albor ADA, The Star Of Galicia ou o G.H. ETTO).

Unha vez comprobado o material, e comprendendo a necesidade de descansar conforme á viaxe alucinante que se nos amosaba acordamo-la retirada. Invitei ó capitán a hibernar nun dos meus módulos habitacionais, habida conta da longa distancia que tería que percorrer ata un dos seus.


· Data estelar, sábado 29 de abril de 2006: unha vez saídos da hibernación (e co sistema nervioso relativamente liofilizado), preparamos uns alimentos hipercalóricos que nos permitisen afronta-los posíbeis perigos da viaxe con forzas.Denantes partir pasámoslle-la pertinente revisión á nave nodriza:

· Integridade do casco: correito.
· Sistema de refrixeración: correito.
· Comunicacións: correito.
· Suporte vital: correito.
· Cárrega: correito.
· Pegatina do ANEXO: correito.

Partimos con boa visibilidade, anque un lixeiro cansanzo no corpo; e nun tempo relativamente razonábel chegamos ó noso destiño. Aterrizamos en Tarás-5, un planeta de agradábel clima baixeiro, hospitalaria poboación local e un subministro de etilsupervivencia suficiente pra varias xeracións. Alí reunímonos coa teniente P. d'Jopa, irmá do capitán, e unha experimentada exploradora a pesares da súa xuventude.

Coa inestimábel guía do capitán e a teniente partimos cara o recoñecemento do entorno, empatizando coa poboación autóctona e avaliando (na medida de que dunha expedición científica se trataba), as posibilidades de hibridación coas femias do planeta. A pesares dos excesos cometidos coas vituaias a xornada anterior, conseguimos adaptá-los nosos organismos ós alimentos locais, descubrindo unhas calidades nos subministros de etilsupervivencia, non presentes no meu mundo de orixe.

A unha determinada hora, e despois de avergoña-lo capitán ante parte da poboación autóctona polo meu descoñecemento sobre das súas misións anteriores; decídese retirarnos de novo ó punto de aterrizaxe, a desfrutar dun merecido descanso e preparando a incursión do día seguinte.


· Data estelar, domingo 30 de abril de 2006: Se ben a misión do día anterior rematou xa entrado o día presente, comezo a narrar aquí a partires do mediodía desta xornada, cando ascendimos até un santuario pra acompaña-los nativos na celebración dunha das súas máis sagradas tradicións. Pra mellor comprende-la participamos nunha competición dun xogo ritual, que incluía (como xa parecía ser habitual) a inxesta, por parte dos nativos, de gran cantidade de etilsupervivencia.

Unha vez caída a noite, e despois dun pequeno descanso, decídome a sumarme ós festexos do mesmo xeito que os nosos anfitrións, claro que, quizáis o meu corpo non estea feito pra soporta-los excesos ós que están afeitos os indíxenas do planeta.

Finalmente, unha vez rematada a celebración no santuario descendemos ata algún dos puntos visitados o día anterior, pra rematar de facer algunhas comprobacións, descubrindo que, coma parte dalgún rito de peche, os nativos desmontaban algúns dos seus santuarios no proceso de inauguración doutros novos.

Co corpo xa acostumado á etilsupervivencia local, extendimos as investigacións durante un tempo até tres veces superior ós días anteriores, e con coñecemento de estar a marcar un fito histórico poucas veces obtido antes (tendo en conta o que se aveciñaba a seguinte semana).


· Data estelar, luns 1 de maio de 2006: A exploración do día anterior rematou ben entrado o presente día, o que non nos permitiu descansar con comodidade en espreita da viaxe de volta. Ésta derradeira xornada de aventura estivo envolta en misteriosas néboas e neboeiros de orixe etílica difíciles de precisar na medida en que o cansanzo domeñaba a miña mente.

Até eiquí o caderno de bitácora, asnoites.


 
Comentario:
Mensaxe dunha nativa do planeta Outesiano tanto para o capitán como para o comandante:

A vosa visita o noso planeta foi esaxeradamente agradable, como todas as anteriores.
Xa coñeciamos perfectamente a paixón q o capitán sente polas nosas terras, pero tamén resulta moi agradable ver q o comandante empeza a compartila.
Se ben sei que días como estes e rituais deste tipo non se levan a cabo moi a menudo, agradecería moito q as vosas visitas si fosen máis habituais, xa q estou segura de q todos os meus compatriotas se alegran de vervos cada vez que apareciades polo xa desaparecido módulo ADN.
De todos xeitos, e grazas a algunha divinidade, no planeta outiense existen moitos mais módulos similares nos q poderemos reunirnos en futuras exploracions.
Con esta inviación a q voltedes canto antes, despidome cordialmente do modo tradicional.
Un lote de bicos pos dous!!!!LOCOS!!
 
Comentario:
Mensaxe do Capitan I. d´Jopa o seu comandante principal B. Borjov:

A misión foi todo un éxito. Fomos capaces de entablar contactos con tódolos Nativos do planeta Outes.

A pesar da táctica empleada para a exploración (a Hatt-Trick) logramos o obxetivo de integración no planeta, para non ser descubertos. (Recordame n proximas expedición q non usemos esa táctica!). Has demostrado q estás preparado para calquera batalla. Fostes o máis valente o coller a brebaxe preparada polos nativos (O 5º Elemento) e comprobar os seus efectos no corpo dos seres humanos. Ainda asi, rem,ataches a tua misión sempre o meu lado.

Quero informar que has sido elexido para a medalla de Honor Outesiana, pola tua labor de desmantelamento do módulo ADN. Se non é por ti, nunca se houeberan derribado as naves acomodadas no flanco ezquerdo. Bo traballo.

Para a tua información, quedaronos cousas pendientes pero por falta de tempo e facultades necesarias non se levou a cabo. Espero que en proximas visitas o planeta Outesiano, podamos comprobar a sua forma de reproducción e asi, poder invadilos.

Sen máis q decir ata proximas misións. Estou orgulloso da tripulación do Seatloedo.

Borja, Jrande Ou Persoa Anorme!!!
No