logotipo

img_google
Vida y Milagros de un Informático
Vivencias de un informático y parado en ciernes al comienzo de su carrera profesional.
Prólogo
Incording people since april the 17th 2005
Sindikatua
 
Hai xeitos e xeitos

Hai xeitos e xeitos de dici-las cousas, meus amigos. Un deles, o que semella máis sinxelo, é dicilas direitamente e deixarse de rodeios e paridas pra ser un home de verdade... o outro é o que eu emprego: o de usa-lo humor coma ferramenta de "ruptura do xeo" o que, só algunas veces, semella funcionar.

Hoxe, por exemplo, Iván do Jopa e máis eu decidimos sair rompe-la cidade, e comezamos beber ás catro e media da tarde, co único logro de chegares ás catro e cuarto da mañá á casa. O único que saquei de limpo da noite (aparte do sangue depurado a causa do alcohol) foi o feito de dicirlle a alguén que sinto algo especial sen llo dicir de xeito direito, senón simplesmente polo feito de me manter en contacto. Agora xa o sabes.

Ás veces pregúntome se non debería de deixar de baixar co Jopa, buscando algún culpable; pero logo párome a pensar e doume de conta que nin negro do todo nen de todo branco: hoxe fun eu o que chamou e arramplou co persoal prós levar de farra até límites antes insospeitados. Hoxe fun eu o representante da decadencia no seu máis puro ser.

Perdoádeme se non escribo coma noutras ocasións, pero é que ando demasiado cocido pra atinar e teño corrixir faltas de horticultura palabra sí e palabra tamén.

Até eiquí o capítulo de hoxe, asnoites.

No