logotipo

img_google
Vida y Milagros de un Informático
Vivencias de un informático y parado en ciernes al comienzo de su carrera profesional.
Prólogo
Incording people since april the 17th 2005
Sindikatua
 
Sempre igual e outras petisoperías

Finalmente, e coma case sempre, volvín pra casa ás mil cun cagallón do catorce que, mercede ó maravilloso proceso da metamorfose (e pasando pola fase de capullo integral), concedeume unha preciosa resaca hoxe á mañá. A última hora a toda a trouppe que me acompañaba entroulle a cagarría escénica e me deixaron máis tirado ca economía arxentina. Menos mal que estaba ahí La Supa pra salvaguarda-la integridade da noite, porque a verdade é que non tiña eu nin puta gana de me ir pró sobre. Aínda con todo eu marchei cedo (creo que a iso das seis e media ou cecáis un chisco antes), non sen antes comproba-la acústica do señor Roca no excusado do Ghetto.

Despois, aínda por riba, adícanse a me poñe-los dentes longos (sempre por riba das miñas posibilidades económicas, claro), e durmo mal. Bueno non mal no sentido literal, pero sí nunhas condicións nas que non esperaba durmir tendo en conta o meu grao de alcoholemia en sangue, xa me entendedes.

Isto sí que é fisurar coma din os mestres de Bersuit. Teño a sensación de andar no puto aire, un latexo nas tempas e o bandullo en plan sesión Dragon Khan.

Até eiquí o capítulo de hoxe, osdías.

 
Comentario:
Pois aquí estou có segundo intento e ainda non podo garantir que chegue san e salvo. Pois nada sobre todo dicirche que conseguiches o que ninguén conseguiu antes, e ainda que só sexa pra saber como rematan as tuas borracheiras, o certo é que xa van dous veces que me poño diante dun ordenador voluntariamente e iso que teño que buscar as malditas letras a paso de tartaruga.Ah! non quedes cos dentes longos que se queres prestoche eu cartos.Pra iso están os amigos...Agora a cruzar os dedos pra ver si chega. Abur
No