logotipo

img_google
Vida y Milagros de un Informático
Vivencias de un informático y parado en ciernes al comienzo de su carrera profesional.
Prólogo
Incording people since april the 17th 2005
Sindikatua
 
Caos, resacas e burocracia (e outras petisoperías)

Vivimos nun mundo caótico poboado de seres que viven existencias desorganizadas, e eu non son unha excepción. Un constrúe a súa realidade, coloca todo tal e como lle gusta, estilo clásico con columnas dóricas e respectando as proporcións coma dictan os cánones e entón chegan as vanguardias e crean un novo conceito de arte tan alonxado do meu, tan rotundo, tan desordenado... que me volve tolo (no bo senso da palabra). Agora comeza a fusión de arte clásico e contemporáneo e teño que me poñer dacordo co outro artista pra que o resultado sexa satisfactorio, bonito e, a poder ser, duradeiro.

Ás veces o caos ocurre dentro de ti, en forma de malestar, xa sexa por unha catarreira, unha bronquite ou simplesmente por non coidarse. Hoxe a resaca é unha constante do día porque onte foi a cea da empresa (cea por chamarlle dalgún modo, alí só había pinchos e alcohol a esgalla), así que o meu cerebro decretou xornada en branco, o que non me custou un disgusto pola autoestrada de puto milagro. Aparte diso levo toda a tarde pechado na casa sen facer prácticamente nada, o que probábelmente mañá me derive nunha profunda sensación de culpabilidade.

Noutras ocasións o caos chega ó seu máximo exponente mercede a unha das súas ferramentas máis diabólicas, a burocracia; e eu véxome tocado de cerca por unha das súas peores variantes: o papeleo dunha universidade a distancia ¡Deus nos colla confesados! Non sei canto terei que esperar pra que me manden os da UNED toda a documentación que preciso, semellan non ter prisa (non foi así en canto ós pagos dos prazos de matrícula). Só espero que non lles urxan moito os traballos que lles teño que enviar, porque todavía lles queda un chisco pra estaren listos.

A pesares de todo o caos que me arrodea e de que sempre fun bastante maniático da orde, a pesares dos pinchacarneiros que está a da-la miña vida últimamente e de que a última semana non foi precisamente un paradigma de sáude anímica... a pesares de todo iso agradezo o que teño cada día, porque anque sei que podería estar mellor, tamén podería estar peor.

Pra rematar cítovos, en referencia ó tema central deste artículo, ó Vello Profesor, Enrique Tierno Galván cando dicía:

Bendito sea el caos, porque es síntoma de libertad.


Até eiquí o capítulo de hoxe, asnoites.

No