logotipo

img_google
Vida y Milagros de un Informático
Vivencias de un informático y parado en ciernes al comienzo de su carrera profesional.
Prólogo
Incording people since april the 17th 2005
Sindikatua
 
Sempre en Galiza (e outras petisoperías)

Polo norte co mar Cantábrico, polo leste con Asturias, León e Zamora, polo sur co Miño e a raia seca portuguesa, e polo oeste co océano Atlántico. Cunha superficie de 29.574 km² e preto de 2,8 millóns de habitantes é a rexión máis noroccidental da Península Ibérica.

Este tipo de definicións esquemáticas e ríxidas que nos ensinaron na escola difícilmente poden dar unha idea do que é a nosa terra. Por diferentes motivos na miña breve existencia tiven a sorte de manter contacto bastante frecuente con diferentes rexións galegas (exceptuando se cadra a provincia de Ourense) o que enriqueceu notábelmente a miña vida (sobretodo no aspecto social-nocturno).

Comencei esta andadura vivindo en Viveiro, na mariña lucense, os meus primeiros catro anos e pico de vida. Os vivarienses son xente con moitísima retranca e cun comportamento, en xeral, non fácilmente situábel dentro dos "cánones galegos". Teñen unha cultura do optimismo (xa sairá todo ben co tempo) que choca abertamente co pesimismo da aldea galega en xeral.

Despois, preto dos cinco anos, mudámonos a Narón (concretamente a Domirón, no Alto do Castaño) onde viviriamos durante dous anos, denantes virnos definitivamente pra Ferrol, lugar no que fun adquirindo a condición de departamental convencido que agora abandeiro.

Os ferroláns somos cecáis o caso máis característico de Perro del Hortelano que haxa en todo o Estado: sempre andamos a nos queixar de coma funcionan as cousas na nosa cidade, dicimos que imos marchar pra non voltar, que a festa xa non é o que era, que está todo feito unha merda... pero nin se lle ocorra os de fora dici-lo mesmo: só nós temos dereito a critica-la nosa urbe, que pra iso a sufrimos. Cando fai falla sacamo-las unllas e defendémonos cun chauvinismo propio dos americanos.

Unha das características máis peculiares de Ferrol son as relacións de amor-odio que mantén con outros núcleos de población galegos: existe un odio destapado e abertamente coñecido cara os coruñeses e os cedeireses (este último plasmado no feito de que nos chamen carollos, signifique o que signifique), e unha relación de aberta cordialidade con lugares coma Lugo (a pesares de que algúns hinchas do Racing non o vesen así) ou As Pontes.

Xa con dezaoito anos marchei estudar a Coruña, con máis prexuizos que intenzóns e, a pesares de tentar evita-lo por tódolos medios, rematei por lle coller agarimo á cidade (non tanto ás súas xentes); de tal xeito que alí sigo, tan asentado coma o traballo precario me permite.

Seguindo cara o sur atopamo-las rías de Noia e Arousa, onde poderedes visita-los templos da farra máis importantes da península, coma son: Boiro, Santa Comba, Noia, Rianxo, Portonovo, Pobra... e a nunca ben ponderada Serra de Outes. A hospitalidade e o bo facer das xentes destes lares non teñen igual en todo o país, así coma a súa capacidade pra manterse espertos e bébedos durante varios días seguidos (sí Jopa sí, as cousas coma son).

Despois atopamo-las cidades de Pontevedra e Vigo, onde tiven a sorte de atopar xente (sobretodo na segunda) que marcou e aínda marca a miña vida de xeito incríbel. Os vigueses (e en moito maior medida os de Cangas) falan nun idioma propio con cadencia musical no que o descoñecemento do vocabulario pode supor unha traba moi grande pró mutuo entendemento.

Quen sabe a que outros puntos da nosa xeografía poderá levarme o futuro, e quen sabe que descubrirei sobre as xentes da Galiza neses novos lugares. O único que sí sei é que, vaia onde vaia, probábelmente estea coma na casa.

Até eiquí o capítulo de hoxe, osdías.

 
Comentario:
saudos dende Vigo!!!!Chegará...?
 
Comentario:
Pois si que diches voltas, si. Aquí o menda pasou de Vigo a A Coruña sen paso intermedio e, tampouco atopo explicación, ó final tamén lle collín cariño a esta cidade.

Agora, que visito asiduamente Ferrol, tamén se lle emepza a coller certo cariño sobre a todo a xente que por ahí pulula.

É certo que non sabemos onde acabaremos, pero mentres teñamos un móvil, unha dirección de correo (ordinaria ou electrónica) ou un blog, sempre estaremos rodeados da mesma xente.

Vémonos.
No