Semella que o sol loce de novo na miña vida despois dunha pequena etapa de escuridade iluminada polas pequenas estrelas que son as persoas importantes na miña vida (que pedazo de pastel, non sí?). Un pequeno receso na miña vida laboral pode que chegue pra recupera-lo ánimo que tiña á altura das solas, anque quen sabe o que me pode depara-lo futuro; agora as incógnitas son outras non menos importantes.
Hoxe foi un bo día, fun firma-lo finiquito e a me despedir da peña, despois fixen unha serie de recados que tiña pendentes co cal os ombreiros me baixaron polo menos dous centímetros, hai que ve-lo feliz que te poden facer catro tonterías. E mañá tres cartos do mesmo, simplesmente ir corta-lo pelo enviar unha carta moi importante e só ese feito xa fai que a miña existencia teña máis sentido. Ter algo que facer sempre é bo (iso entendede-lo ben tódolos que algunha vez me oístes falar do meu último traballo), claro que os extremos sempre son malos.
O seguinte vai ser retornar á vida laboral do mellor xeito posíbel claro, o problema é saber onde e cando, pero iso é coma tentar adivina-lo intre exacto do Big Bang: cuestión de teorías, e cada científico ten o seu método. Antes de nada heime de lembrar iren apuntarme ó paro, que despois os das empresas quéixanse (e de paso solicitar a miña ridícula vida laboral na Seguridade Social, que sempre é útil). Todo iso a vos importarávos unha merda, pero é o xeito de facerlle entender a todos aqueles que se preocupan por min e algunha vez len este blog, que as cousas semellan mellorar, e que hai luz ó final do túnel. De feito agora o que importa é que, máis tarde ou máis temprano, todo se arranxará xa sexa pola divina Providencia, ou polo Servicio Galego de Colocación.
Até eiquí o capítulo de hoxe, asnoites.





