logotipo

img_google
Vida y Milagros de un Informático
Vivencias de un informático y parado en ciernes al comienzo de su carrera profesional.
Prólogo
Incording people since april the 17th 2005
Sindikatua
 
Escribindo por compromiso e outras petisoperías

Estou na oficina e, no canto de traballar, adícome a escribir este artigo pra cumprir cunha promesa que me fixen a min mesmo ó inaugurar Petisoperías: que nunca houbese un mes sen textos. E xa me vedes, xogando o límite e cumprindo o prometido o derradeiro día deste fermoso mes que é maio.

Aqueles poucos que vos deixedes caer algunha vez por eiquí a ler o meu blog, as miñas máis sinceiras desculpas; anque tamén sei que me coñecedes e sabedes que ando bastante liado coas exames e as oposicións, aparte de que o novo horario do choio (de seguido vos conto) me ten morto.

Falando do novo horario, que saibades (aqueles que aínda non esteades ó tanto), que hai tres semaniñas fun desprazado de oficina, e agora traballo nunha das empresas galegas meirandes do sector TI. A xente é moi agradábel e o traballo é relativamente sinxelo, pero o horario é mortal. En realidade só saio media hora máis tarde, que queda compensada por entrar un tanto máis tarde polas mañás, pero é que así non hai xeito de estudar. Sempre me foi moi difícil concentrarme nos apuntes despois de cear.

O certo é que ando carregado de responsabilidades e piroladas até arriba, e por iso non puiden tirar nin unha miserábel liña nos ultimos corenta días. Houbo veces que estiven a piques de facelo, pero a incapacidade pra escribir nada medianamente coherente rematou por tirar abaixo as miñas intencións (creo que preciso ser funcionario dunha puta vez). Traballar nalgo que non te gusta, e sumarlle o estrés do estudo pode destruirte moralmente se te deixas levar e, crédeme, non resulta doado evitar que así sexa.

A pesares de todo, son unha persoa relativamente feliz, nas miñas circunstancias, e creo que debería ter moi mala sorte pra que as cousas se me torcesen a estas alturas. Tentarei seguir cumprindo a miña promesa literaria sempre que me fór posíbel porque, a verdade, dame moita mágoa a simple idea de pensar en botarlle o cerrollo a esta bitácora.

Até eiquí o capítulo de hoxe, osdías.

No