Seino amigos, un ano desque escribín a última entrada, tívenvos ben abandoados, é certo, pero tiven bos motivos. Petisoperías naceu pra narrar, coma o seu propio título cita, as "Vivencias de un informático y parado en ciernes al comienzo de su carrera profesional", é dicir, naceu na cabeza dunha persoa que xa non son. BorjaRS xa non se atopa ó comezo desa carreira profesional que comentaba, senón doutra moi distinta. Hai uns meses que traballo coma profesor, e a iso pretendo adicarme o resto da miña vida. É por ese motivo que este blog permaneceu illado tanto tempo, e ese é tamén o motivo de que nacera un novo blog, máis axeitado a esta nova vida que quero vivir.
Non esteades tristes por Petisoperías, xa que ben cumpriu a súa función, agora é o intre de Deprender, e espero que o sexa durante moito tempo.
Unha aperta pra tod@s @s que estivestes ahí, tanto os que vistes nacer este blog, coma os que o atopastes máis tarde. A tod@s vos, grazas.
Até eiquí a vida deste blog, asnoites.





