logotipo

img_google
Pareceser
Sindicación
 
SCAPA
Hoxe é o seu cabodano, era un curmán do meu pai. Pregunteille de onde lle viña ese alcume e contóume a historia.
Fai moitos anos cando era novo, un día vindo na súa moto de gran cilindrada da Estrada cara Silleda no monte da Rocha déronlle o alto os motoristas, e el sabendo que a súa moto corría máis non se parou e escapóulles, cando pasaba por Chapa xa lles levaba moita diferenza e na entrada de Silleda, ao pasar pola casa de Trabazo que tiña os portais dos garaxes abertos, non se lle ocorreu outra cousa que meterse e cando os de tráfico pasaron el estaba limpando a rodaxe da súa moto co que os gardas non se decataron.
Desde ese día el dicía a todos, a miña moto, a miña moto, ESCAPA aos gardas.
 
Vídeos
Atopei este por casualidade visitando o blog de Aura que por certo encántame. Espero que vos guste

 
Clienta da Seguridade Social
Onte contáronme na festa do lacón, historias da terceira idade, mellor dito poderíanselle chamar historias para non durmir. Parece ser que os nosos maiores, como di a miña nai, cando van de excursión desas dos xubilados, dedícanse a probar os medicamentos dos outros, toma esta que a min vaime moi ben para a cabeza, e toma ti estoutra que a min funcióname de marabilla para a reuma, e así se pasan os días coma se fosen unha botica ambulante, que se fosen novas diriamos que estaban trapicheando ou algo peor, drogados perdidos. Unha persoa destas tomou a pastilla que tiña ela para durmir e a que lle deu a veciña de habitación que sabe Dios para que era, e sentóulle tan ben que case non se esperta, despois cando foi ao seu médico de cabeceira a pedir a pastillita que conseguira nas vacacións, e o médico, pobre del negáballas que esas non eran boas para o que ela padecía, a boa muller indignada díxolle: Vostede receitamas que eu xa fai moitas anos que son clienta da seguridade social!

 
Repetición

Acabo de recordar un episodio de "Escenas de matrimonio" no que Roberto estaba vendo na tele un partido de fútbol e vén Marina a darlle a lata, ela molesta e molesta ata que el opta por apagar o vídeo e deixar o partido para outro día, pois era unha gravación dunha final de facía xa tempo e que el vía de cando en vez. Como ese programa esaxera un pouco as cuestións de matrimonio, pensei que iso ningún home o facía, o de ver un partido xa pasado, e chego a casa dos meus pais e encontro a un xoven todo contento vendo a repetición do partido de tenis do outro día entre Nadal e Federer, pregúntolle por que o quere volver ver se xa o veu o día que se emitiu e dime que como estaba nun restaurante veuno pero non o escoitou, e que este partido facía historia, así que xa nos ves aos dous vendo e escoitando a repetición. Ao final como no día anterior, gañou Rafa Nadal!!!
 
Cor



 
Achégate



 
Queixos
 
O mellor chiste do mundo
Contaron agora mesmo na radio o que dicían que era o mellor chiste do mundo, pois realizaron unha enquisa, eu non sei realmente se é ou non o mellor, pero volo conto. "Ían dous cazadores paseando polo monte cando cae un dos dous ao chan, o acompañante rápidamente chama a urxencias e dilles: O meu amigo está morto no chan que debo facer? ao que en urxencias contéstanlle, primeiro de todo ten que ver se realmente está morto, óese un silencio, e un disparo e ao segundo seguinte vólvelle a dicir, agora xa está morto, que debo facer?"
 
Avoa
Acabo de rirme un pouco hoxe á hora de comer cando a miña nai contóume unha conversación que tivo recentemente coa neta pequena, Claudia. Era referente á vellez, de quen ten que coidar aos nosos maiores, ou polo menos de quen queremos que nos coiden. A neta contóulle á súa avoa, que tiña unha bisavoa e que a coida a avoa de Merza, tamén lle dixo que ela coidaría ao seu papá, e despois acabando a conversación dille: Avoa, cando eu sexa maior, moi maior, quero que me coides ti!
 
Avoa, volveu!
Hoxe a miña nai recordóume o que lle sucedeu fai xa varios anos, en relación de pensar que os nenos cando cres que non atenden, e non se decatan, dáste conta máis tarde que si están atendendo, e estanse decatando de todo.
Un bo día estaban na casa os meus pais cun neto que por aqueles tempos non tería máis de cinco anos, non se sabe moi ben por que, os meus pais tiñan distintos pareceres por unha mesma cousa, e o meu pai dixo: "Marcho", ao que a miña nai respondeulle a tan socorrida frase: Vaite e non volvas" por suposto sen darse conta que o neto pequeno estaba escoitando, e el á súa vez estaba pintando sen dar sinais de atender. Pasaron unhas cantas horas e o meu pai volveu para cear, xa nin se acordaban ningún dos dous daquela bobada, pero ao velo entrar o neto exclamou: "Avoa, volveu!!"