Confianza
Significa que ti cres en min porque eu creo en ti, isto é unha das frases que están de moda neste momento no meu traballo, ou algo polo estilo que vén significar o mesmo, agora non me lembro da frase exacta, pero para o que quero contar ben me vale, pois hoxe á mañá púxena en práctica e funcionou e vou contarvos o que pasou: Na casa dos meus pais teñen unha gata que acabou de ser nai, ten un gatiño recén nacido, e ela que o quere ter dentro de casa, no sofá, e nós que non, que o seu sitio é no garaxe nunha caixiña que lle puxo a miña nai moi cómoda por certo, pero ela que non, que quere dentro e así toda esta semana que é a que ten o recén. Pois a gata que é moi lista, como polas malas ve que non lle deixan, optou por dar pena, e entón pon ó bebé, abandonado (simula que está abandonado) á entrada do comedor, na porta que vai dende o garaxe, alí só enriba da alfombra, entón abres a porta, e tes que ter un ollo, pois sen darte conta calquera día hai un terrible accidente e temos un infanticidio, bo, ese non é o caso, que xa sabemos que o pon alí para dar pena, pero o que quería dicir é que se deixas a porta aberta uns minutos, entón entra ela, despois colle o seu fillo (que por certo aínda non o bautizamos, e non sabemos aínda como se vai a chamar), pero non se atreve a poñelo enriba do sofá pois sabe que lle berramos, entón déixao no chan, esta mañá, estaba eu no comedor, e fixo esa mesma xogada,( e eu digo que non me gustan os gatos, pero abofé unha cousa é un gato grande e outra moi diferente é un gatiño como o noso que aínda non abre os ollos, e que é precioso), pois dóume pena e pensei por esta vez vou deixar que a nai o poña no sofá un pouco, que fai frío, díxenllo, veña lévao o sofá, pero non me entendía, ou mellor dito, non daba crido o que eu lle dicía, pois son a que sempre lle digo, fóra, así que decidínme a collelo, con moita delicadeza, para poñelo eu mesma alí, pero nese momento, díxenme, como me morda a nai, pois non se separaba del, e a nai debeu de pensar, como esta o mate, o caso é que eu atrevinme a coller o bebé na man e púxeno enriba do sofá e ela non me mordeu. Eso si que é confianza!

Soños
Esta noite durmín na casa dos meus pais, na habitación miña de solteira que é onde teño o ordenador, e tiven un soño moi estraño, vouno a contar: Conducía un coche, pero non era o meu, un coche máis grande, parecía o do meu home, e de súpeto o coche empezaba a dar voltas na estrada, como se derrapara, pero non un pouco, non, era como unha peonza viraba e viraba sen xeito nin dereito, cara a todas partes, e eu pensaba, agora choco, agora choco, ata que ao final de bastante virar o coche detíñase e non se lle facía nin un rasguño, pero o conto era que lle pasaba tamén a outras persoas que tamén conducían, os coches viraban e viraban e ao final detíñanse, ao saír deles para ver que había na estrada, xeo ou outra cousa, e non ver a primeira ollada nada, dicían que sería un manantial de auga subterráneo, que había alí, que cousas un manantial que nin sequera víaselle o auga, despois non quería volver coller o coche, non sei pero tiña que volver conducir e volta a pasar o mesmo, sentín un pouco de agobio. Máis tarde cambiou o soño e íame de excursión, pero o raro é que era de noite, con xente coñecida, pero de noite, os demais ían como era de esperar todos abrigados, pois facía moitísimo frío, con guantes e capuchas e eu, sen case nada de abrigo, unha cousa moi rara. Se alguén entende de soños que mo explique.
María
DEZA-TABEIRÓS

Una mujer dirigiendo en el agro
Reportaje | María José Mato Varela, presidenta la ADS Leiras de Silleda
Es pionera, al menos en Deza, como fémina que preside una asociación ganadera potente. Llegó a las vacas desde Magisterio y «non as cambiaría por nada»
María José Mato, de Silleda, no da el perfil que hace unos días daba el conselleiro de Traballo para sacar a la luz a 10.000 mujeres gallegas invisibles porque trabajan en el agro y no constan en los papeles. María José salió sola de esa oscuridad laboral hace años. Buscó independencia económica en un intenso proceso encaminado a la docencia, con una diplomatura de Magisterio, y con un giro radical hacia la ganadería. Son los azares de la vida. No se imaginaba que hoy sería ganadera profesional y las vacas «non as cambiaría por nada». Lo dice cuando aún está en el cuadro oficial de agricultora joven al rozar sin haber cumplido los cuarenta, cuando lleva ocho en la explotación y conllevó este trabajo, que muchos denostan, con su condición de mujer, esposa y madre de dos hijos.
El cambio en su vida se produjo tras casarse y dejar la ganadería su suegra, pionera también como titular de explotación durante muchos años, en el inicio de Sila, hoy Indega. María José Mato regenta la Ganadería As Pedrosas (que fuera Carballo-Silva) con 40 cabezas. «Cando empecei non sabía nada máis de vacas que o recordo de pequena en Graba, porque logo estuven en Vigo moitos anos». Pero «apúntome a todo» asegura, y repasa un proceso formativo que incluye un curso de jueza ganadera, otro de 200 horas para poder incorporarse a la explotación y el apoyo de la familia, de los veterinarios, de los controladores de Africor,... Y siempre el de su marido, quien trabaja fuera de la explotación «pero fai os traballos máis duros».
¿Crisis de precios, abandonar...? «A gandeiría gústame. Agardaremos tempos mellores tratando de producir reducindo costes e esperando que a cousa se compoña. Hai que tirar para adiante, si se abandona sería moi difícil volver», sentencia.
María José Mato fue adelantada al ser titular de explotación siendo mujer y es pionera desde el viernes al ser elegida como presidenta de la Agrupación de Defensa Sanitaria de Vacuno de Silleda, Leiras, cargo con el que invade espacios de representatividad que, de modo especial en el sector agrario, parecían reservados a los hombres. «É casual», dice. Sirve la discreción pero no es el caso. Estaba en la reunión asamblearia, a la que muchos ni acudieron, y como siempre no rehuyó la responsabilidad. Desconoce la particularidad de su caso y que se convierte en referente como mujer-presidenta en la agricultura de Deza. «A xente debe concienciarse da importancia da ADS, da sanidade nas explotacións, porque somos empresa».
Los temores al acceder a presidir un colectivo con 213 asociados y más de 7.000 vacas se alivian porque se siente arropada por el apoyo total del ex presidente y la veterinaria. En todo caso, los pioneros siempre miran para delante, abriendo nuevos caminos.

Tai Chi
O sábado pasado fomos a clases de Tai Chi, para min foi o primeiro día pero para o resto foi o segundo, que xa foron o venres anterior, pasámolo en grande, moitas risas e pouco exercicio, máis ben todo entretemento. Intentarei poñer algunha foto.

Contos do meu Avó II
O Sr. Manuel e a Srta. Ramona eran irmáns, el casado e ela solteira, o Sr. Manuel cando enviudou foise a vivir unha tempada á casa paterna onde vivía a súa irmá Ramona, que por esa época tiña Alzheimer, e Manuel estaba con plenas facultadades mentais, a Ramona encantáballe traballar e o irmán prefería pasear, un día díxolle Ramona a Manuel: "¿Manuel ímoslle a coidar as vacas a Ramón?" O que o seu irmán contestou: "¡¡Non che teño ganas ningunha!!"
Hoxe toca fotos
Vou presentar os meus sobriños de maior a menor. Miguel, Laura, Joaquin, Silvia e Claudia.

Fotos do cumple
O Domingo celabramos o cumpleanos da miña Nai, a comida foi no Restaurante Alto da Pena, e o menú Pulpo e Richada, tamén tarta, pasámolo moi ben. (Esquecíame falta o meu irmán Martín e a súa noiva Birgit, que estan de viaxe, pero veñen agora pronto e imos comer fora todos outra vez) Ahí van unhas cantas fotos.

Contos do meu avó
O meu avó era unha persoa que nos contaba moitas historias, contos da súa época, que eran moi interesantes, vou poñer algunha delas no meu blog, a ver se os gustan. Aí vai a primeira:
"As Ferreiras néganllo a tres: Os mortos, os por nacer e ós que non lle piden nada".
"As Ferreiras néganllo a tres: Os mortos, os por nacer e ós que non lle piden nada".
E máis fotos ...

O meu avó
Vouvos a presentar ao meu avó, era unha persoa encantadora, divertida, elocuente, intelixente e sempre estaba de bo humor, aos seus anos e nunca estaba triste, daba gusto estar ao seu lado...

A miña segunda foto
Hoxe toca fotos, por iso de que non se me esqueza de como poñelas no blog, que traballo custoume aprender, pois cando se torcen as cousas non hai xeito de saber poñelas ben sen axuda, a flauta como dixo Segundo, pode tocar por casualidade unha vez, pero nada máis, e entón o que queda é practicar. Pois imos ver como queda esta vez, vou cruzar os dedos.

Pois non quedou tan mal para o meu gusto, isto como todas as cousas é collerlle "o tranganillo " e despois coser e cantar. Falta dicir que era eu cando era pequena, e chorando para non variar que di a miña nai que non paraba nin de día nin de noite. Espero que vos guste.

Felicidades Ma
O venres foi o teu cumpleanos e hoxe vamos a celebralo por todo o alto como te mereces, vou intentar poñer unha foto túa para esta fecha tan sinalada, con moito cariño do teu home, de todos os teus fillos: -Maca
-Fonsi
-Juan
-Lucía
-Martín
Os teus netos:
-Miguel
-Laura
-Joaquin
-Silvia
-Claudia.
Bicos.
Martín e Miguel
Xa que non están aquí vou aproveitar para poñer no meu blog unha foto antiga que á min paréceme moi bonita, é do meu irmán pequeno co meu primeiro sobriño cando só tiña uns meses, non necesita comentarios vese a cara de contentos dos dous. Espero que se vexa pois hoxe non teño axuda.... (Dez minutos máis tarde) Pois non teño nin idea do que fago mal pero non hai xeito de dar posto a foto no seu sitio, é unha pena esto de non saber, pois como te podes imaxinar teño que esperar a que me boten unha man, así que hoxe vas quedar coas ganas de ver a miña foto. Bicos

Xa estou de volta
Acabáronse as mini vacacións, foron curtas pero bonitas, estivemos na ría de Noia-Muros, no Freixo para ser exactos, o xoves e o venres e dedicámolo a pasear e descansar. O paseo precioso, é bordeando toda a costa desde o pobo ata a praia de Broña, ese xa o tiñan case rematado o ano pasado pero o que eu non sabía é que continúa pasando a praia bordeando todo o mar ata a entrada da ría onde desemboca o río Tambre, é unha senda verde, cunhas vistas marabillosas, e un olor a mar, encantoume, non sei exactamente onde acaba pois andaría uns tres quilómetros e dei a volta, pero para a próxima vez intentarei chegar ata o final que vale a pena.
Xa estaba desexando voltar a casa por iso de vir ao ordenador que xa o botaba de menos, pero non me atopei con demasiados mensaxes, fóra diso algúns da miña amiga Rocío, será porque todos se fóron de ponte.Pois nada desexarvos Felices vacacións a todos, con cariño.

Esquecíame
Dicir que os que están na foto son o meu pai Alfonso, a miña nai Obdulia, a miña irmá Maca, o meu irmán Juan e faltan dous, Fonsi que non sei onde estaba metido nese momento e Martín o pequeno, que aínda lle faltaban nove anos para nacer.
A miña primeira foto
Esta é a miña primeira foto, no meu blog e na miña vida, faime moita ilusión, a ver que tal queda. (Eu son a que estou en brazos).

Sigo aquí
Hoxe fíxenlle algún pequeno cambio ao meu blog, e vou ver se funcionan.
Qué tal?
Aquí estou outra vez a voltas co meu blog, dende o día que o estrenei non puden volver a él, e xa o botaba de menos. Teño moitas cousas que contarlle, e teño moi claro o que quero facer en él, os arranxos que lle quero facer, poñerlle un reloxo, un contador de entradas, ou non sei como se chama, varios accesos directos, e algunha foto que outra. Pouco a pouco, con calma, e xa verei como vai esto. Bicos.
O meu primerio día de Blog
Canto máis penso, menos sei que poñer para estrear o meu tan desexado Blog. E o que pasa, imaxinas o que farías e despois cando chega o momento quedas en blanco, e non sabes que decir, nin o que facer, bueno pouco a pouco, imosindo.