Tridimensionais.

Aínda me lembro o primeiro día que vin un, comprárao como non, a
miña irmá Maca, foi a primeira de todo Silleda, ela como sempre, compra todas as novidades, (eu creo que na tenda llas empaquetan), e ela toda contenta, pois o caso é que estabamos comendo na casa dos meus pais, era Sábado, pois estabamos todos, e ela dicindo que vía non sei que, de tridimensionais que tiñas que poñer os ollos dunha forma en concreto, concentrarse, e non sei cantas cousas máis. Eu, que ao contrario dela non me creo case nada, e nunca compro nada novo sen ver que alguén o comprou antes e funciona,( ou polo menos oír que alguén de confianza di que funciona), díxenlle que mo deixase ver un momentiño, a primeira folla que vin, tiña que verse o mapamundi, ou iso é o que dicía o comentario de abaixo, concentreime e ao cabo duns poucos minutos, Eureka, alí estaba, todo o mapa en relevo, que parecía que o podías tocar e todo, como un balón. Que cousas, ver para crer.

O camiño máis curto... a curva.
Iso é o que debe pensar unha persoa á que eu coñezo bastante ben, acábame cos nervios, basta que teña présa, e queira chegar rápido a algún sitio, pois él, cando xa case estamos chegando dáselle por virar e ir en sentido contrario, en dirección oposta, anda cinco veces máis do que faltaba por chegar, e cando lle pregunto por que narices fai iso, sempre di que é por culpa do tráfico, eu penso que son teimas, pois por moito tráfico que teña nese momento, é menos tempo percorrer un quilómetro que cinco, pero iso si, non pillou ningún semáforo.
Flor do Lirolai
Flor marabillosa que medra nas ribeiras. É un lirio de cor violeta. Arreda todos os males, a fame, o cansazo, pero só nas mans dunha persoa inocente.
Por consello dunha sabia, unha señora enferma deixou ir os seus tres fillos buscar a Flor do Lirolai, que seica podía curala. Dos tres só a atopou o máis novo, mais ao volver para a casa os outros dous quitáronlla, matárono e enterrárono.
A señora curou do seu mal mais non da dor que sentía pola desaparición do seu fillo máis novo. Un día viu unhas flores douradas, gustáronlle e arrincou unha. E de súpeto saíu unha voz de debaixo da terra:
Non arrinques os meus cabeliños
que son loiros e riciños.
Os meus irmáns me matar
pola Flor do Lirolai.
A muller, sen saber de onde viña aquela voz, arrincou outra flor, e de novo oíu:
Non arrinques os meus cabeliños
que son loiros e riciños.
Os meus irmáns me matar
pola Flor do Lirolai.
Era a voz do seu fillo pequeno. Cavou na terra, atopou o rapaz que aínda estaba vivo e contoullo todo.
[Extracto do “Diccionario dos seres míticos galegos”]

Os namorados
Vouvos presentar ao meu irmán pequeno Martín e a súa noiva Birgit, neste momento non están aquí, están en Alemania, e despois do verán, quérenlle dar un pau ao mundo, e van marchar o Reino Unido, concretamente a Londres, para probar fortuna neses mundos de Deus. Moita sorte.

Vellos tempos.
Encontrei estas fotos antigas dos rapaces de Silleda, e xa naqueles tempos tíñamos Tuna e equipo de Fútbol propios. Cal sería a miña sorpresa que o sacálas do albúm a do fútbol estaba firmada por detrás por cada un deles (o cal me veu moi ben, pois eu só coñecía o meu irmán que na do fútbol é o terceiro de arriba empezando pola dereita e na da tuna é o que leva a bandeira, e a un ou dóus máis, José de Celia e Trujillo).

A pedra.
Este venres non, o anterior, oín a unha persoa dicir algo sobre non sentarse sobre pedra, o dito non me acordo como é, xa llo volverei a preguntar, pero o caso é que en Outeiro, de onde son eu, temos unha, que desde sempre é o punto de encontro de todos os veciños, no verán, despois do traballo e a cea, ímos á pedra e estamos alí de contos, ata as tantas, nenos e vellos, e dende que eu era pequena. Teño fotos para demostralo, na primeira os meus irmáns cun primo nos seus tempos mozos, con 16 ou uns poucos anos máis, e na segunda segue o meu irmán e xa ten o seu fillo o lado e uns veciños.

E outra máis, tomamos de referencia o neno do centro que é meu irmán o pequeno Martín, de aquelas tería 10 anos máis ou menos e agora vai cumplir 29.

E outra máis, tomamos de referencia o neno do centro que é meu irmán o pequeno Martín, de aquelas tería 10 anos máis ou menos e agora vai cumplir 29.

Lembranzas.
Onte estabamos nun bar tomando algo, estaba a televisión sen voz, e puxeron un anuncio que me fixo lembrar, era que metían unhas laranxas nun recipiente e ao microondas, non sei o que anunciaban, pero acordeime de cando era pequena, que a miña avóa sempre metía as laranxas en auga quente, metíaas nun recipiente que tiñan as cociñas de leña antiguamente, onde se lles botaba auga á mañá e despois con esa auga fervendo, lavabas a louza, a roupa, ou o que che fixese falta. Bueno pois as laranxas no inverno como están tan frías aos meus irmáns nin a min nos gustaban, e ela que tivera 16 fillos, e sabe máis o Demo por vello que por demo, as metía nesa auga, e despois estaban riquísimas, aínda teño esa lembranza das laranxas quentes que nos facía ela, parece unha tontería, pero eu no inverno, agora que ela xa non está sigo sen tomalas, pois realmente non me gustan tan frías.
Vou poñer unhas fotos, non se ven moi ben, pero é que non teño outras.

Vou poñer unhas fotos, non se ven moi ben, pero é que non teño outras.

Problemiñas co ordenador.
Cando se sabe pouco dunha cousa, un pequeno atranco parece un gran obstáculo insalvable, e costa traballo continuar adiante, é o que me pasa a min co ordenador, que me quitan do camiño, e aínda que vaia por outro alternativo, ou pararelo, pois xa non me vale e non me parece o mesmo, intento buscar a saída eu soa pero nada, non debe ser o meu, pois hai xente que sen axuda, ponse a rebuscar, e sempre atopa algo, tal vez non o que buscaba pero algo sempre se atopa, o malo é que eu, non é que non me guste investigar, senón que necesito ter a alguén en quen confío para preguntar, se algo non sei ou se non sae á primeira, nin á segunda, nin á terceira... O peor é que xa me estou imaxinando todo o longo verán sen axuda. Non sei o que vai ser de min!
Bautizo
Xa lle puxemos nome ao gatiño, por unanimidade, vaise chamar "Puma", como aínda non sabemos se é gato-a, vaille ben. Eu persoalmente prefería chamarlle "Jaque", polo do ajedrez, pois a nai púxonos en Jaque con isto de querelo ter no sofá, e ao final logrouno.
Nin de coña.
Nunha comida que tivemos hai pouco reunidos todos os de casa, estabamos por parellas e ocorréuseme facer unha pregunta,"Se volveses atrás volveríaste a casar?".Empecei pola parella que tiña enfronte miña que eran o meu irmán Fonsi e a miña cuñada María, e xa se adiantou a miña cuñada en contestar," Si", o meu irmán dixo que "o tiña que pensar detidamente", os seguintes en contestar eran os pais da miña cuñada, que neste caso foi o home quen dixo "De ningún xeito", seguiron os meus pais que tamén se adiantou a miña nai a contestar e dixo "SI" e o meu pai asentiu coa cabeza, o seguinte, o meu irmán Juan, que mirou de reollo á súa muller Marga e contestou que "SI", a súa muller en cambio dixo que "NON" (bueno iso eu non o oín que estaba na outra esquina da mesa, pero contaronmo), seguinte, o meu cuñado Pepe, que dixo: "Coa mesma?", sobran os comentarios, e a miña irmá non estou segura do que contestou, xa lle preguntarei e póñoo máis tarde, para rematar e non menos importante chegou o turno o meu home que dixo: "Nin de coña" (agora falta por saber o que opino eu). Falta por dicir o que contestaron o meu irmán Martín, o solteiro e a súa noiva Birgit:" SI QUERO".
Puntales
Hoxe cheguei tarde a clase de informática por culpa dos semáforos que están estropeados, e para cruzar a rúa tardei tres horas, (esaxerando un pouco), o caso é que mentres me tocaba esperar, acordeime del, Puntales, era un señor maior que fai unha chea de anos vivía en Silleda, e como digo eu, faltábanlle uns cantos tornillos. Vestía sempre cunha chaqueta azul, cunhas medallas colgadas coma se fose un Xeneral, o caso é que lle gustaba moito dirixir o tráfico, (todo o mundo o coñecía e non lle facía caso), pero un día un condutor que estaba aparcando e non o coñecía, seguiu as súas indicacións e deixouse dirixir e facíalle acenos para que dese marcha atrás que aínda había sitio, e o señor fíxolle caso ata que chocou. O señor saíu do coche todo cabreado, e quíxolle berrar, pero el largóuse do lugar (facéndose o que era) o tolo.
Este sábado marcha.
Xa está decidido, xa me cansei de quedar todos os sábados na casa como dous velliños, imos saír e oír a canción de Opá, que escoitei por primeira vez na clase de informática e encantóume, a sorpresa miña foi oíla tararear a unha compañeira de traballo, e o preguntarlle onde a escoitou, díxome," ti non saes moito últimamente, verdade?", pois é a canción de moda que poñen en todas partes. Xa contarei se a poñen ou non.
O día da Nai.
Hoxe é o día da nai, e nós ímolo a celebrar todos xuntos, e esta vez digo todos xuntos con propiedade, pois xa veu o meu irmán (o fillo prodigo), que estaba de viaxe, coa súa noiva. Pensamos comer fóra, así non toca cocinar, nin recoller nin fregar, e saímos un pouco da rutina. Espero ter fotos. Felicidades a todas as nais, incluída a gata, e en particular á miña nai, a miña irmá, as miñas cuñadas e tamén a miña sogra.
Silleda na Primeira Rexional.

Hoxe toca falar de Fútbol, que persoalmente non teño nin idea, pero esta ocasión meréceo, pois o Silleda ascendeu a Primeira Rexional, e ten o seu mérito. Noraboa a todos e cada un dos que o fixeron posible, coa directiva incluída, (se non a miña irmá non me fala, Ji, ji) o dito. Felicidades.
Vacacións pasadas.
Facendo limpeza de correo electrónico, atopeime cunhas fotos das últimas vacacións que fixemos a Lanzarote, en outubro deste ano pasado, alí coñecemos a un matrimonio novo de Cantabria, cun bebé, Victor e Elena, o neno non me acordo neste momento como se chamaba, máis tarde acordarame, eran moi agradables e como a nós quedaranos a cámara en casa eles enviáronnos unhas cantas fotos por correo electrónico, pena que agora mesmo non teño a súa dirección de correo, pois eu daquelas aínda non tiña e enviáronnos as fotos ao do meu irmán e el reenvióumas e borrou o anterior, teño que preguntar se hai xeito de saber a dirección pois seime o apelido e acórdome que tiña como eu, o nome e o apelido pero non sei se era de yahoo ou de cal era. O caso é que o pasamos moi ben, eles que xa foran a Hawai, dixéronnos: "Lanzarote é como Hawai pero en barato". Unha aperta onde queira que estén.

Feliz Mesario.
Hoxe fago un mes no meu blog, e como non, hai que celebralo ao grande,e como son unha muller moi previsora, (sempre compro eu algún regaliño por Reis, polo meu cumpre) por si se esquécen, que é ben certo que núnca se esqueceron, pois nisto non ía ser menos, felicítome eu mesma, que me fai moita ilusión e significa moito un mes enteiro escribindo, e poñendo fotos, que iso é outra, parece moi fácil, pero ten o seu aquel, e non sempre sae á primeira nin como unha quere.
É o revés do que dixeron cando chegaron a lúa ," un pequeno paso para a humanidade pero un gran paso para esta humilde muller"
É o revés do que dixeron cando chegaron a lúa ," un pequeno paso para a humanidade pero un gran paso para esta humilde muller"
Tomamos unhas cañas?
Un profesor, diante dos seus alumnos da clase de filosofía, sen dicir nin unha palabra, colleu un bote grande de vidro e procedeu a enchelo con pelotas de golf.
Despois preguntou aos estudantes se o bote estaba cheo.
Os estudantes estiveron de acordo en dicir que si.
O profesor colleu unha caixa chea de perdigons e baleiróunos dentro do bote.
Estes encheron os espazos baleiros que quedaban entre as pelotas de golf.
O profesor volveu preguntar de novo ós estudantes se o bote estaba cheo, e eles volveron a contestar que si.
Despois o profesor colleu unha caixa con area e baleiróuna dentro do bote.
Por suposto que a area encheu todos os espazos baleiros e o profesor volveu preguntar de novo se o bote estaba cheo.
Nesta ocasión os estudantes respondéronlle cun si unánime.
O profesor, rápidamente engadiu dúas cervexas ó contido do bote e efectivamente, o líquido encheu todos os espazos baleiros entre a area.
Os estudantes rían. Cando a risa foise apagando, o profesor
lles dixo: "Quero que vos fixedes que este bote representa a vida."
As pelotas de golf son as cousas importantes como a
familia, os fillos, a saúde, os amigos, o amor, cousas que che apaixonan.
Son cousas que, aínda que perdésemos o resto e nada mais nos quedasen estas, as vosas vidas aínda estarían cheas.
Os perdigons son as outras cousas que nos importan, como o
traballo, a casa, o coche.....
A area é o resto das pequenas cousas.
Se primeiro puxésemos a area no bote, non habería espazo para os perdigons, nin para as pelotas de golf.
O mesmo sucede coa vida. Se utilizásemos todo o noso tempo e enerxía nas cousas pequenas, non teríamos nunca lugar para as cousas realmente importantes.
Presta atención ás cousas que son cruciales para a túa felicidade.
”Xoga cos teus fillos, concédelle tempo para ir ó médico, vai ca túa parella a cear, practica o teu deporte ou a túa afección favorita.
Sempre haberá tempo para limpar a casa, para reparar a chave do auga.
Ocúpate primeiro das pelotas de golf, das cousas que realmente te importan. Establece as túas prioridades, o resto só é area".
Un dos estudantes levantou a man e preguntóulle que
representaban as cervexas.
O profesor sorríu e díxolle: "Encántame que me fagas esta pregunta!.
A cervexa é para demostrar que aínda que a túa vida parézache chea, sempre hai un lugar para dúas canas cun amigo"