Cea de fin de curso.
Onte falando cunha antiga compañeira de clase dos nosos tempos de instituto, díxome que non se acordaba de min, é ben certo que ela fixo letras e eu ciencias, e tamén é ben certo que non estabamos no mesmo circulo de amigas, o que tamén me recorda que iso fixo que me librase dun accidente de tráfico. Era na cea de fin de curso de COU, e unha compañeira, (debía ser a única que tiña carnet de conducir por aquel tempo), prestáronlle un coche, a cea era no restaurante que había no empalme de Chapa, que agora non me acordo como se chamaba naquel entón, o caso é que eu ía ir con elas, pero como non era tan amiga como as outras catro (neste caso por sorte para min) e no coche só cabían cinco persoas, pois eu quedeime en terra, e tiven que ir con outros, elas tiveron un accidente, no que faleceu unha compañeira e as outras catro todas ao hospital. Foi unha pasada, choros, berros, desmaios, nin cea nin leites, estabamos a final de curso, e foi dramático, eu salveime, por iso, por non ser tan amiga, (neste caso veume o pelo), e o que tamén me recorda, por que a min non me chistan nada as ceas de fin de curso, moitas veces esquecemos o porque das cousas, sabes que non che gusta algo, pero a nosa mente esquece moitas veces o porque non che gusta, ata que un bo día, sen contar, vén unha persoa que fai a tira de tempo que por "H" ou por "B" non falabas con ela, e faiche recordar cousas que moitas veces preferirías esquecer.
As Ferreiras.

Esta foi a miña primeira e humilde colaboración nunha revista escolar, "As Ferreiras" unha experiencia grata, que me fixo moita ilusión, era para comentar as nosas sensacións sobre un curso de cerámica que estabamos facendo. Máis tarde puxen outro artigo no meu blog, pero para non repetirme, fixen outro distinto.
Miguel no San Xoan.
Menos mal que Miguel está ben educado e dixo: Maca, Pepe quédome en Vigo despois do último exame para celebrar o San Xoan, e iremos á praia a facer un lumeiro, pois senón pillábano nas patacas. Véxase foto.


Xadrez
Unha persoa estaba contando un día: Encántame xogar ao xadrez e perder!, ao que o outro lle preguntou:
- E gañar?
- Gañar debe de ser a hostia!!!
- E gañar?
- Gañar debe de ser a hostia!!!
Fundiciones del Deza, admite socios, funde todo.
Esta frase díxolla onte o meu irmán a un empresario de Silleda, cando estábamos tomando un café no seu establecemento, a súa muller Rosa, xa o colleu á primeira e botóuse a rir, pero él (parece mentira) pero non se daba conta do dobre sentido da frase, e seguía interesado en saber o que se fundía, ao cal o meu irmán volvíalle a repetir, " Funde Todo".
Eu quería ser home en Outeiro ...

Isto é o que lle dixen eu antonte a un veciño, ao comentarme que non había quen organizase a fogueira de San Xoan, pois preferían pasar o intre xogando ás cartas (iso non mo dixeron pero estaba á vista).
Explícome, en Outeiro son as mulleres as organizadoras de todo, (pois a experiencia ensinoulles que se esperaban polos homes podían esperar sentadas), elas compran, encargan, preparan mesas, cadeiras, de todo, os homes o que facían era asar as sardiñas e últimamente cambiáronse ao churrasco, polo prezo tan esaxerado das sardiñas nestas datas. Pois este ano, nin iso quixeron facer, puxéronse en folga de brazos caídos, e dixeron que de churrasco nada de nada, que preferían quedar sen celebrar o San Xoan. As mulleres, que xa están de volta de todo, dixeron que sen cea non ían quedar, e como sempre fixeron elas todo, este ano tocou cear tortilla.
Último día de clase.
Hoxe é o último día de clase de informática da tarde, e mañá Xoves é o último da noite. Que rápido pasa o tempo, aínda parece que foi onte cando me fun a apuntar coa miña irmá, (que por certo ela non veu a clase nin un só día, ela o perdeu), pois como ía dicindo, aínda me acordo que estaba o profesor Xosé, acompañado de outra profesora, Susana, e eu comenteille que o que non quería ser era a analfabeta do futuro, e el botóume unha ollada, e nese momento entendino todo. Xa era a analfabeta do presente!


Pilas alemás.
O outro día escribín no meu blog que quería comprar unha cámara de fotos, e o meu irmán ao lelo chamóume por teléfono e preguntóume se quería que ma compraba él en Alemania, (pois é alí onde está) e que están moi ben de prezo, entón acordeime do que conta sempre a miña nai ( unha historia verídica) unha señora cando empezaron a saír os primeiros aparellos de radio, compróuse unha, puxéronlle as pilas e levóuna para casa, o caso foi que ao cabo de uns tres meses a señora volveu á tenda e díxolle ao vendedor: veño a que me poñas outras pilas que se me acabaron, pero esta vez ponmas en galego, que as outras mas puxeches alemás, e non entendía nada.
Fin de semán.

É ben certo que con tempo pódense facer moitas cousas, eu é o que boto de menos, á min non me chega o tempo a nada, o día tería que ter mínimo catro ou cinco horas máis, iso se o corpo aguantara, que seguro que o meu non. Explícome, como ás mañás traballo, e do que estou moi orgullosa, pois nunca quixen ser só ama de casa, sempre quixen ser independente, compaginando as dúas cousas, que ás veces resulta estresante e canso, ainda con esas vale a pena, pois personalmente non quero renunciar o meu traballo, o conto é que este fin de semán tíveno todo para min, de xefa de casa para dicilo dalgún xeito, e sóubeno aproveitar, o sábado a primeira hora, dediqueino ás miñas sobrinas, Silvia e Claudia, que durmimos todas na casa dos meus pais, estivemos as tres no ordenador un ratiño, e pasámolo xogando á Intelixencia Artificial, que Silvia non o vira e encantóulle, xa llo enviei ao seu correo nun acceso directo e indiqueille como o podería engadir a favoritos. Despois tocou sesión fotográfica, en bicicleta, e co gatiño, que o meu irmán Martín díxonos que quería ver fotos de todos nós, que xa nos botaba de menos, á tarde, a primeira cousa que fixen foi enviarlle as fotos ao meu irmán, e logo dun intre no ordenador, chamei á miña amiga Lourdes para tomar algo, ela invitóume a ir oír a " Coral Polifónica Trasdeza de Silleda", que por certo vergonza me da que en 17 anos que leva funcionando, e eu nunca os oin cantar, sacando unha voda á que foron pois era a do fillo dun deles, (que non conta), máis como o dito "mellor tarde que nunca", e de verdade que valeu a pena, cantan como os anxos (e non é cumprido) de verdade que cantan de maravilla, encantaronme. Despois houbo pinchos e ata gaiteiros paseino moi ben e dóulle as grazas a Lourdes e a Nerea por invitarme. Hoxe pola mañá tiñamos programado unha ruta dende a ponte Romana de Taboada ata Silleda, a ruta é de poucos quilómetros, pero para o primeiro día é suficiente, para min polo menos que non estou afeita andar, ao final dúas horas de excursión, Mª Carmen de "Mingantonio", a miña nai, a miña irmá e eu. Agora á tarde toca relaxarse e descansar de charla con Remedios que nos veu a facer unha visita como boa veciña que é.

Esquecíame contar que o meu pai foi o que nos levou en coche ata Taboada e tamén fixo unha parte do percorrido. Esta é a foto que o demostra.

A miña Bicicleta.

Hoxe tocan fotos, hai que aproveitar que o meu sobriño Miguel, que está na universidade, veu este fin de semán, pois está cos exámes finais e o fin de semán anterior non veu, e así como él ten cámara dixital (que teño que mercar eu unha, pois sempre dependo doutros cando quero sacar algunha foto), e non é polo prezo realmente, pois xa miramos algunha en internet, e non son tan caras, é poñerse e ir á tenda, pois como todo, xa me informei do que lle teño que mirar para que sexa unha boa cámara, e téñoo nunha chuleta apuntado para que non se me esqueza, pois senón chego á tenda, e todas as cousas sóanme ao mesmo, ou mellor dito, non me soa nada, e o vendedor me empaqueta a que a el lle interésa, e é case sempre o que a min non, pois iso, que xa vou a tiro fixo, con todo apuntadiño.
O conto é que sacamos unhas fotos á miña Bici, que tiña moitas ganas de poñela no meu blog. É unha bici antiga, de moza, que se conservan moi poucas, conseguiuna o meu sogro e regalóuma e o meu home a restaurou con tanto mimo que parece nova. (Non digo os cartos que gastou nela, nin as horas que empregou), pois daba para comprar unha nova do trinque, pero non ten nada que ver, esas cousas non teñen prezo, non se poden valorar máis que sentimentalmente.
A miña nai ao verme con ela, díxome que ela tiña unha foto de cando era unha moza, nunha bici exacta á miña, e ensinouma. Eu esa foto nunca a vira, debíaa de ter gardada como ouro en pano, e é verdade, é idéntica.
Ah, esquecíame contar que con ela gañei a miña primeira copa, na Festa da Bicicleta da Estrada o día 18-9-2005, mellor dito a copa gañouna a bici.

... Uns aniños máis tarde, hoxe a mañán...

Cerámica

Estamos nun curso de cerámica, non decatamos del por
casualidade, comentóunolo o profesor de Informática Xosé, un día falando que ao Instituto, a filla do pintor Colmeiro, regaláralles un Forno moi bo e que como o tiñan desaproveitado, tiñan programado un curso, para quitarlle algo de partido, pois era unha pena telo e non sacarlle ningún proveito, ese mesmo día ensinóunolo, e quedou de avisarnos cando se fixese o curso.
Ao mes máis ou menos volveunos a comentar que o curso xa estaba programado, e ao final os que nos apuntamos eramos case todos de clase de informática, fóra diso dúas ou tres. Máis ben apuntámosnos por él, e por ter unha experiencia nova, pois nós non nos imos dedicar a isto, é máis, mellor que non teñamos a necesidade de facelo, pois senón morreriamos de fame.
A Lourdes, dálle un pouco de grima, e dixo que non era o seu, fíxoo por pasar un intre agradable e máis ben pola súa filla Nerea, que como xa fora varios anos "A Romería do Rapaz", e alí xa fixera varias veces barro, dálle bastante ben.
Ao final algo sacamos, ía dicir en limpo, pero mellor direi en sucio, (polo do barro digo, que nos pringamos todas), aínda que din que é moi bó para a pel.

Pendrive

Hoxe estou como unha nena con zapatos novos, e é debido a o
aparatiño que teño na man, que se chaman Pendrive, tamén chamado USB, e utilízase para gardar información, e levalo dun sitio para outro dunha forma fácil e sinxela. Eu vírao unhas cantas veces antes, pero realmente e para non mentir, non tiña nin idea para que servía nin como se utilizaba e entón, para que mercalo? Pero onte en clase fixéronnos unha clase práctica, e deime conta do fácil que é de utilizar, (cortar e pegar), e nese momento decidín mercar o meu. Mirámolo en Internet e xa ía a tiro fixo un de 256 MB por só 14 Euros e pouco, a miña sorpresa foi moi grande cando fun a APP Informática de Lalin e díxome o vendedor que non tiña desa capacidade, que o máis pequeno era de 512 MB e cando lle preguntei o prezo díxome: 15 Euros. Un agasallo.
Contos
Era unha muller que estaba paseando polo campo e atopouse cun pastor, déulle as boas tardes e fíxolle unha pregunta: Se lle acerto cantas ovellas ten, regálame unha?, o pastor que lle parecía imposible que acertase cunha simple ollada díxolle que Si, a muller dixo: 3.784 ovellas, e o pastor alucinado dixo, vale vostede acertou, colla unha. Despedíronse e cando a señora afastárase uns dez metros aproximadamente o pastor díxolle: Se acerto quen é vostede, devólveme a ovella?, a muller dixo: Si. O pastor díxolle é vostede a Ministra de Agricultura, ela contestou, como acertara se alí non había televisión, ao que o pastor respondeulle: É que no canto de levar vostede unha ovella, levábame o can.
Segundo Mesario.
Hoxe fago o segundo mes no meu blog, estou moi contenta, e vou resumir o que sinto cunha frase que poñía un libro que lein este fin de semán titulado "Ojalá fuera cierto" de Marc Levy que di así: "CADA SEGUNDO CONTIGO CONTA MÁIS QUE CALQUERA OUTRO SEGUNDO".
Non é todo o que parece.
Agora mesmo estou en blanco, tiña pensado escribir un artigo (bueno artigo, quero decir algo) sobre esto pero agora mesmo estou co pé cambiado. Unhas horas máis tarde... Xa me acordo o que quería contar e era esto:
Hoxe á mañá veu unha compañeira nova de traballo, era o seu primeiro día, e por conseguinte non sabía nada, dixéronlle que se sentase nunha mesa dun compañeiro anterior, no que hai un carteliño que di Asesor, o caso é que hai tres mesas anteriores a esa con compañeiros que levan tempo traballando, e unha muller, pasou por diante de todos eles, ata que chegou á mesa do asesor, e alí diante da moza nova que acababa de entrar da rúa sentóuse, (pois ela deu por suposto que nese posto tiña que haber unha persoa competente), xa podía estar alí sentada a señora da limpeza e nas anteriores mesas estar o mellor asesor de España, que ela ía directamente á mesa do carteliño de marras. Pola contra, fai anos, había un Director novo pero moi preparado, e un día estaba sentado en caixa, pois non lle caían os aneis, o caso é que estaba atendendo a unha señora, e a señora como non se imaxinaba que ese era o Director, púxoselle chula e díxolle, "de ningún xeito, pásame co director", e él respondeulle: "está vostede falando con el"
Hoxe á mañá veu unha compañeira nova de traballo, era o seu primeiro día, e por conseguinte non sabía nada, dixéronlle que se sentase nunha mesa dun compañeiro anterior, no que hai un carteliño que di Asesor, o caso é que hai tres mesas anteriores a esa con compañeiros que levan tempo traballando, e unha muller, pasou por diante de todos eles, ata que chegou á mesa do asesor, e alí diante da moza nova que acababa de entrar da rúa sentóuse, (pois ela deu por suposto que nese posto tiña que haber unha persoa competente), xa podía estar alí sentada a señora da limpeza e nas anteriores mesas estar o mellor asesor de España, que ela ía directamente á mesa do carteliño de marras. Pola contra, fai anos, había un Director novo pero moi preparado, e un día estaba sentado en caixa, pois non lle caían os aneis, o caso é que estaba atendendo a unha señora, e a señora como non se imaxinaba que ese era o Director, púxoselle chula e díxolle, "de ningún xeito, pásame co director", e él respondeulle: "está vostede falando con el"
Cambio de parecer.
O que máis me cabrea das persoas, é que cambien de parecer sen motivo aparente, bueno en realidade, é que cambien se no que cambian aféctame a min. Explícome, é un supoñer, dinche: "é branco", cinco minutos máis tarde volven e dinche da mesma cousa, "é negro", ti xa non sabes se oíches ben, ou se realmente o din, vólves a preguntar para non equivocarte, e dinche que non dixeran iso, que o que dixeran que "é transparente", por dicir algo, ou que nin é branco nin é negro. Eu co tempo xa aprendín (como moi ben dixo un día un compañeiro do meu irmán) a baixar a cabeza para que así pasen as hostias por enriba, (e perdón polo de hostias), pero algún día débenme pillar un pouco despistada.
Non, case nunca.
Fai un ratiño tívenlle que levar un recado a miña cuñada, que estaba na casa dos seus pais comendo, e como non me acordaba o piso que era, mellor dito a letra para chamar ao telefonillo, subín. Na entrada estaba unha vella cun can, coñézoa de vista que sempre está paseando ó seu can, bueno non sei quen pasea a quen realmente, pregunteille: morde? e ela contestoume non, case nunca. Por educación pregunteille: sube? e contestou que si. Xa me ves no ascensor, a señora, o can (que non se sabe se morde ou non) e eu. Xa me imaxinaba cunhas dentelladas nas pernas.







