Lobo ou Rato?
Acabo de escoitar agora mesmo un dito que non escoitara nunca: "Ai Dios meu, Dios meu, ou un Lobo ou un Rato metéuse por aquel burato!" Está moi ben, pois non hai diferenza entre un e outro. Isto díxollo a miña nai o meu sobriño pois púxose histérico cando lle subiu unha araña pola camiseta, polos xestos parecía que ao que lle escapaba era a un cocodrilo, e cando nos quixo ensinar a ditosa araña, tivemos que utilizar microscopio.
Non conten comigo.
Ao abrir hoxe o correo vin. un anuncio onde di que buscan bailarins, e veume á memoria un chiste moi vello no que pedían moitísimos requisitos para un simple posto de administrativo nunha empresa, tiñas que ser "enxeñeiro" como digo eu, para acceder a ese posto, o caso é que se presentou unha persoa á selección, e empezáronlle a facer as preguntas se tiña isto e aquilo, ao que él sempre lle respondía que Non, entón preguntóulle o entrevistador, pero Vostede, que fai aquí nesta entrevista?, ao que lle respondeu: veño dicirlles que non conten comigo!
Mónica Trujillo Souto.
Noraboa Mónica, tanto esforzo mereceu a pena, horas e horas adestrando dan o seu froito, e neste caso o froito foi a medalla de ouro nada menos, que pasada, aínda me lembro cando intentabas, (sen moito éxito recoñézoo), ensinarme a nadar con estilo, mínimamente correcto, ti con toda a naturalidade dunha nena que eras daquelas, sen esforzo, e eu que nin a de tres, se a verdade é que en cinco minutos non se aprende nada.
Comedor.
Hoxe tocou limpeza a fondo de comedor, é novo, e empecei con moita ilusión, pero ao cabo de cinco minutos a ilusión volveuse cansazo e aburrimento, e púxenme a pensar que eu, sempre que vou á tenda e compro un produto de limpeza, estou esperando que me dean, co produto, o home que sae no anuncio, (ese de " Mister Proper", ou "don limpo", ou algún polo estilo), ese que limpa todo e sen esforzo, e que a señora da casa parece que no canto de limpar vaise a ver escaparates, pois nalgún está ata con tacóns, pero non hai forma, será que cando chego eu, xa se lle acabaron?, ou será que iso só é para as das cidades, e aos pobos non veñen?, por iso do transporte, digo eu, que encarecería o produto. O caso é que me vén á memoria unha frase que dixen eu fai uns anos na casa dos meus sogros, falando da comida e foi esta: "eu valía para pobre", eles botáronse a rir dunha forma que nese momento xa me dei conta que eles o tomaban coma se eu insinuase que era rica, pero non o dicía por iso, non, dicíao pola sinxela razón que eu paso de marabilla cun bocadillo, tortilla, ou calquera cousa aínda que non sexa cara. Pois ben, hoxe cambio de parecer e digo: "eu valía para rica", pois o de limpar uns mobles que parecen de mírame e non me toques, que sacas o po de aquí e ao momento púxose alí, e nin sequera sabes con que demos limpalos, sinceramente non é o meu.
Moda en Alemania.
Acabo de recibir un correo do meu irmán no que me indica unha nova moda en Alemania, póñoa tal cal:
"Por certo non che contei que agora aquí se puxo de moda ir descalzo pola rúa, así que vexo a bastante xente descalza en bicicleta ou pola rúa, nenos, novos e algún que outro maior, non esta aínda moi xeneralizado, pero tampouco estraña xa a ninguén.
Na universidade unha chea, eu incluído, algunhas veces, aínda que eu uso calcetíns normalmente pq descalzo do todo non me gusta, pero a verdade que é mais cómodo.
Douvos pistas para que as implantedes por Silleda, o tema é que aquí todo esta mais limpo e sen cristais, aínda que eu non me fiaría, sobre todo aos nenos non os deixaría ir así, pero bo, alá cada cal co seu tema."
Imaxínome dentro dun par de anos os mozos de Silleda, indo ao instituto, ou a misa, (se seguen por esa época indo a misa), e descalzos, pois, como ben di o meu irmán, alí está todo máis limpo e sen cristais, e o que non me dou imaxinado, é se os profesores tamén se apuntarán a esa moda. Tempo ao tempo.
"Por certo non che contei que agora aquí se puxo de moda ir descalzo pola rúa, así que vexo a bastante xente descalza en bicicleta ou pola rúa, nenos, novos e algún que outro maior, non esta aínda moi xeneralizado, pero tampouco estraña xa a ninguén.
Na universidade unha chea, eu incluído, algunhas veces, aínda que eu uso calcetíns normalmente pq descalzo do todo non me gusta, pero a verdade que é mais cómodo.
Douvos pistas para que as implantedes por Silleda, o tema é que aquí todo esta mais limpo e sen cristais, aínda que eu non me fiaría, sobre todo aos nenos non os deixaría ir así, pero bo, alá cada cal co seu tema."
Imaxínome dentro dun par de anos os mozos de Silleda, indo ao instituto, ou a misa, (se seguen por esa época indo a misa), e descalzos, pois, como ben di o meu irmán, alí está todo máis limpo e sen cristais, e o que non me dou imaxinado, é se os profesores tamén se apuntarán a esa moda. Tempo ao tempo.
Pimpón.
Onte tivemos cea familiar e cando acabamos os meus sobriños e eu, xogamos ao Pimpón, dicir que Miguel e Joaquín xogan moi a miúdo e bastante ben, por non dicir moi ben, pero Laura e eu, non xogamos desde fai moito tempo, eu personalmente, a última vez que o fixen (con eles por certo) debía pasar de tres anos, pero é como andar en bicicleta ou nadar, non se esquece. Xogabamos, Miguel e Laura contra Joaquín e eu, e para sorpresa e pesar dalgún, gañamos Joaquín e eu, fomos a 11 tantos e gañámoslles dúas veces. (E como teñen un poquito de mal perder, dicían que lle fixemos trampa), Ji,ji,ji. Unhas veces gáñase e outras se perde, é o que pasa ao xogar.
Atardecer.

Estes días pasados como facía tanta calor tiñamos que ir á praia preto das sete da tarde, pois non se podían aguantar tan altas temperaturas, algúns días 37 º C á sombra o que nos levou a ver estes atardeceres.

E esta que é Noia de noite desde O Freixo, pero non sei que lle pasou á foto que parece un cadro abstracto.
Nós.

Este é un agasallo que nos fixo un amigo que se chama Miguel e realizouno coas súas propias mans, non é comprado, é mariñeiro e nos intres libres fai estas cousas tan feitiñas.
Soldado raso peliroxo.
Acabo de escoitar na radio que unha muller no Reino Unido, atopou parella chateando na rede, o seu novo amor é "soldado raso peliroxo" e deixou o home e a vinte fillos, e que queres que che diga bonita, non me estraña nada, cabeciña xa se ve que non tes, o caso é que como non o pensaches antes, e largábaste cando ías polo segundo ou o terceiro, pois para ter vinte fillos e deixalos, xa hai que botarlle peito, ou é que pensas que os fillos son como os cromos, coleccionables.
Paparazzi
Tampouco vallo para "Paparazzi", pois deime conta que a señora e o can do "Non case nunca" estaba aquí á beira na fonte sentada, e como ameazaba tormenta, mentres eu collín a cámara de fotos e baixei xa se encamiñaron para a casa, e non era plan de ir correndo detrás deles e pedirlle que me deixe sacarlles unhas fotos, así que hai que esperar a outro día.
Información exacta.
Isto de escribir está moi ben, pero realmente se queres dar unha irformación máis exacta, recomendo facelo en persoa, e explícome, algunhas veces sexa polo que sexa, explicando algo a alguén se non o tes diante, podes chegar a esaxerar, ou sen chegar a facelo, como a outra non che ten diante para preguntarche, pódeo tomar doutro xeito, e se a tes o teu carón nese mesmo momento pregúntache, por tal ou cal detalle e ti respóndeslle ás súas dúbidas, pero o malo é que cando o escribes e non o sabes aclarar o suficiente, ou non atopas as palabras adecuadas, pode dar lugar a erros que non o fas á mal por suposto, neste caso, xa me gustaría ser desa clase de escritores que che describen todo de tal forma que sabes exactamente o que eles queren dicir e enténdeslles perfectamente, pero por desgraza para min, non é o caso e a xente que me le tense que conformar co que hai, e se algo non aclaro, que mo pregunte en persoa.
Entre Pinto e Valdemoro.
Así é como me sinto hoxe, aínda non acabei as vacacións pero estou aquí na casa, co ordenador a voltas. O corazón téñoo dividido, por unha banda non quero que se me acaben pois ao final tiven uns días moi bos de praia, e por outra xa me apetecía vir xunto a miña outra paixón, que neste caso es ti, o meu ordenador. Non me puxen ao día co correo, pero primeiro de todo quero escribir algo no meu blog.
Lista de espera.
Como de praia nada de nada déume por actualizar os datos médicos dos meus pais, e chamei a cita previa para pedir cita primeiro para o meu pai, que lle deron para dentro de tres meses, e iso que era urxente, máis tarde a miña nai que está esperando desde fai máis dun ano para operarse de cataratas dun ollo, díxome que lle chamase tamén para saber cando sería a operación máis ou menos. Chamei, media hora sen esaxerar para que me collesen o teléfono, e cando por fin o fan dinme que podía esperar sentada, que alí non estaba apuntada en ningunha lista de espera, que podía ser un erro deles, ou da miña nai, e ao final dixéronnos que buscásemos un papel azul, que tiña que ter un cuño, e se o atopábamos que volvésemos chamar, busca que te busca apareceu o papel de marras, con data e hora, e volta a empezar coas chamadas, outra media hora perdida, para que ao final oir que non, que alí tiñan que ela (neste caso a miña nai) non se presentou a esa consulta, e eu que si e ela que non, o caso era que enfadeime e díxenlle, bo un error teno calquera pero aquí xa hai dous errores, dous de dous, isto non é un error, isto o que é "un horror".
Sigo aquí.
Son das que penso que as tradicións non deben perderse, e que na miña primeira semana de vacacións chova, é unha tradición que vén dende fai dezaseis anos, e polo tanto este ano non ía ser menos.
Eu teño feitas as maletas desde o sábado pasado, o día un, que é cando tiña pensado ir a praia, pero xurdiron uns pequenos inconvintes e xa ves, hoxe é día cinco e sen trazas de ver o sol, os do tempo non acertan nin de bromas, pois dicían que ía estar malo o luns e o martes e o mércores xa faría sol, e coma sempre, todo o contrario, se quero ver o sol, voume ter que ir xunto o meu queridísimo irmán Martín a Konstanz (Alemania), que alí polo que me conta están pasando moito calor.

Eu teño feitas as maletas desde o sábado pasado, o día un, que é cando tiña pensado ir a praia, pero xurdiron uns pequenos inconvintes e xa ves, hoxe é día cinco e sen trazas de ver o sol, os do tempo non acertan nin de bromas, pois dicían que ía estar malo o luns e o martes e o mércores xa faría sol, e coma sempre, todo o contrario, se quero ver o sol, voume ter que ir xunto o meu queridísimo irmán Martín a Konstanz (Alemania), que alí polo que me conta están pasando moito calor.

Xubilación.

Manuel Costa, para os amigos Manolo de Remedios, xubilouse este venres. Agora ten que ir pensando en que vai ocupar os intres libres que antes enchía co traballo, ao principio vaille a custar un pouco, pois non é home de bares, nin de partidas, pero polo de súpeto onte xa estaba vendo como pasaban a tarde os que eu chamo "Homes de Outeiro". Xa sabes Manolo, á boa vida afaise un pronto.
Vacacións.
Hoxe voume de vacacións, á praia, bo non sei se baixarei á praia con este tempo, pero o caso é que me vou, e alí non teño ordenador. Polo que deixo o blog descansando por uns días, (menos de quince), espero pasalo moi ben, aínda que sei que o botarei de menos. Xa contarei e traerei algunha foto, pois como xa sabedes agora si que teño cámara dixital. Bicos e deica pronto.
Terceiro mesario.
Hoxe o meu blog e eu facemos tres meses xuntos, en comunicación perfecta e sincronizada. Eu intento estar o máximo tempo con él e por suposto a relación é recíproca. Como dous amantes, que non poden estar o un sen o outro. Parece pouco, pero o tempo é relativo, para moitas cousas, sería moito máis que toda unha vida.
Tomamos unhas cañas?

Esta foto ten relación cun artigo que puxen no meu blog (o primeiro do mes de maio) que foi un correo que me enviaron e que me gustou moito. E agora eu xa teño a miñá xarra de cerveza. Gústache?
Regalo Virtual.
Hoxe tiven un agasallo moi bonito, deses que che chegan ao corazón, dos que non se poden comprar nin con todos os cartos do mundo, son os que che enchen o alma, se queres saber cal é, mira ben e descubriralo.
Levar unhas canilladas.

Esta frase díxoa a miña amiga Lourdes o outro día na cea de fin de curso de informática. Explícome, fomos ao restaurante no coche de Rocío, a condutora, Lourdes, Carmen e eu. O caso é que eu non podía regresar moi tarde, e no mellor, xa me tiña que ir, e Lourdes nada de nada, que ela quería cantar, e eu que me tiña que ir, entón decidín buscar solucións: primeiro chamar un taxi (que non había por aqueles paraxes), logo poñerme unha pegatina con Fráxil e chamar a un transporte urxente, (polo de que os transportes urxentes, son para iso, para chamalos a calquera hora, tanto de día como de noite), e neste caso era de "confianza", (coñecido polo menos), iso tampouco servía pois non había cobertura no móbil, despois optei por deixar a Lourdes en mans doutro condutor, neste caso cambiábase a Rocío por Antonio, pois é o que me quedaba máis a man nese momento, e el aceptou, ata que lle dixo Lourdes, "que estaba de acordo pero que poida que levasen unhas canilladas", entón Antonio pensouno mellor e dixo que el pasaba, que o das canilladas que non lle atraía o suficiente, máis tarde, dixen que a levar iso arriscábame eu, e que me trouxese el a casa, pero como gato escaldado ao auga fría tenlle medo, non estaba polo labor, colle fama e bótate a durmir, non había xeito de dar vido para Silleda, (eu creo que se Jack o destripador, estivese alí con coche, eu viría con el) pois xa me imaxinaba a cara dunha persoa a esas horas da noite. Ao final Rocío levantóuse da mesa, e regresamos as mesmas que fomos, sas e salvas, iso si, pasando unha velada deliciosa en compañía moi agradable. Valeu a pena!





