Bastón con timbre
Esto foi o que me contou meu irmán:
"Que graza, onte ía no autobús un vello de 90 anos cun bastón. A que non sabes que levaba no bastón?
Un timbre de bicicleta.
Aquí todos andan en bicicleta e se te metes no seu carril cáeche unha bronca que flipas, pero este que ía camiñando a duras penas non sei a quen tiña pensado adiantar
Sería que cando era novo ía moi rápido e quedou con esa teima."

"Mundo e cocido"
"Lucía tes que dicirlle a Ma que che conte o do home que non quería traballar e prefería que o enterrasen vivo antes de traballar, que me fixo moita graza e nunca o oira, pero como Ma dependendo do momento cóntacho dun xeito ou doutro pois lle dis que cho conte un par de veces e ti escribes o mellor. Vale?"
Isto escribiumo o meu irmán e eu fixen o que me mandou. Aí vai:
Era un home que non quería traballar e vivía do que boamente lle dában os veciños, ata que un día decidiron non darlle máis e dicirlle que tiña que traballar para poder vivir. O home respondeulles que antes que ter que traballar, prefería que o enterrasen vivo, e entón así o fixeron, puxérono nunha caixa e levábano coa comitiva para o seu propio enterro. Un home que pasaba por alí, parecíalle incrible e dixo que era unha pena, que él mesmo lle regalaría millo e él ao oílo levantóuse da caixa e preguntou: "E mundo e cocido?" ao que o outro lle respondeu, home non. Pois que siga a comitiva!

A neta durmindo á avóa.
É ben certo que os contos cambian, e agora, como di moi ben unha veciña miña, Celia, "agora sabe máis un burro dun mes que antes de tres".
Antes os avós levaban aos netos a durmir a sesta, pois con tanto calor que fai no verán, os nenos teñen que descansar un pouco, os días son moi longos, e senón non aguantarían tantas horas despertos, pero agora, son os netos que poñen a durmir aos avós, e eles quédanse tan contentos vendo a tele. Poño foto que o demostra.

Align="left"
Non vos podedes nin imaxinar o que me custou poñer a fotiño de marras á esquerda, (teño a chuleta, pero aínda así nunca o dera conseguido, á dereita si, con axuda, claro, pero á esquerda non había xeito). Xa ves, a forza de fallar, e con moitas ganas... e tempo. Non creas que é tan fácil: align="left" esquerda e align="right" dereita, pero o caso é saber onde poñelo (como o chiste do enxeñeiro que aperta o tornillo). O conto é saber que tornillo apertar!
Corpo Inmortal.

Acábome de lembrar dunha película que vin fai anos, xa non me acordo demasiado ben de que ía, nin sequera o título, pero vénme moi ben para o que quero dicir, e a película trataba dun brebaxe máxico que ao tomalo facíache inmortal, o caso é que antes de tomalo, avisaban moitísimo, de que ese sería o corpo que ían ter para toda a eternidade, así que o coidasen o mellor posible, pois morrer non morrerían nunca, pero o que estropearan non había volta atrás. O conto é que se antes llo advertían antes o estropeaban, e acabaron co corpo inmortal, iso si, pero cheo de buratos, que non había por onde collelos. Peor non o puideron facer.
E iso é o que pasa co noso mundo, que segundo o tratemos, (por moi inmortal que poida parecer que é), así será como o reciban os que veñan detrás noso. Así que non o fastidiemos, por favor.
Semán de choiva.
Facíanos moita falta, e por fin chegou, unha bendición, axudou a apagar o que quedaba dos incendios, e tamén axudará a crecer, o que o lume non queimou. Actúa como un milagre, pois fai revivir, o que parecía morto. É todo o contrario ao lume, rexuvenece a paisaxe, e faino renacer, pero moito coidado, os que pensan que en Galicia, o verde é unha cousa natural, que aínda que non se coide, sempre será así, pois están moi confundidos, as cousas que se queren, temos que coidalas, pois senón corremos o risco de perdelas para sempre, e iso non nos gustaría
Arde Galicia.
É unha vergonza ver como nos queiman o máis preciado que temos, que son as nosas terras, montes, casas, vidas..., e teñámonos que sentir tan impotentes, sen medios para poder atallar esta barbarie. Parece mentira que sexan, como queren facernos crer, uns cantos sen escrúpulos, ou simplemente pirómanos, ou como queiran chamalos, o caso é que sexa quen sexa, estanse cargando o mellor e máis importante que é onde vivimos, e quixéramos seguir vivindo. Non teño palabras para expresar o que sento, pero na miña humilde opinión o que terían que facer é previr, e non agora intentar salvar o insalvable. Esperemos que chova para que a queima non siga.
Houdini
Onte vin un anaco dunha película no que nomeaban ao gran mago Houdini, e dicían unha frase significativa: "O que os teus ollos poidan ver, e os teus oídos escoitar, a túa mente pensa que é certa."
Cuarto mesario.
Hoxe é o día que fago catro meses co meu blog, todo un cuatrimestre. Quen o ía a dicir ao principio. Creo que de todos os da clase que fixemos o blog neste curso, eu son a única que segue. Espero que sexa por moito tempo, ou polo menos iso gustaríame.
Amigas.

Esta foto demostra que estas dúas nenas son moi boas amigas, ademais de curmás, o caso é que o estar moito tempo xuntas póñense un pouco nerviosas e enfádanse. Pero non vos preocupedes, que a idade o cura todo.
Feliz cumpleanos.
Estes días é o cumpre de Laura e Joaquín, o de Laura foi o domingo pasado e o de Joaquín é este que vén. Como son irmáns case sempre o celebran o mesmo día, e como aínda non temos fotos, poño esta de fai uns anos que me parece moi bonita. Moitas felicidades.

E seguimos con fotos.

É a foto da voda dos meus pais, coa familia por parte do noivo. É bonito recordalos pois a maior parte deles xa non están connosco.