logotipo

img_google
Pareceser
Sindicación
 
Contigo pan e cebola.
Acabo de recibir un correo do meu irmán contándonos as súas peripecias polo mundo adiante, parecéume moi bo e quéroo contar, vouno a titular contigo pan e cebola.

"Acabamos de rirnos unha chea, eu sobre todo cunha sopa que fixemos.
Resulta que fai un par de semanas compramos polo e fixémolo en trociños picados (frito) a min déuseme por gardar os ósos case sen nada de carne, pois a que non fun capaz de sacarlle, xa te podes imaxinar. Hoxe fixemos unha sopa con eles, e á mañá nin sequera os vimos, pero agora á noite que xa case non quedaba, apareceron tres ou catro ósos e dígolle a Birgit, mira os ósos do polo que ricos, e a verdade parecéume que tiñan unha chea de carne. Entón empezámonos a rir os dous pensando que non se consola o que non quere, que xa nos contentamos con dous ósos de polo cada un.
Miúdas risas.
Bo non pensedes que nos morremos de fame, é que agora somos moi apañados coa comida.
Bicos. Martín."
Sobra decir que están namorados.

 
Eu quérome casar!
Contos da miña nai.
Era unha velliña que se quería casar, e o cura sempre lle dicía que non podía ser, que xa era moi maior, un día tanto se cansou de escoitarlle a mesma música que lle dixo, vóulle a facer unha proba, se a pasa, entón a caso. (O cura por certo non era parvo, e tíñalle preparada unha proba trampa), Díxolle: "Se ve a agulla que hai enriba do campanario, entón pódese casar" ao que a velliña (que por certo non se quedaba atrás) respondéulle: "a agulla véxoa, o que non vexo é o campanario".
 
Querer é poder.
Tremenda mentira, digo eu, e o peor de todo, e ademais o que máis me molesta, é que os que poden, non queren, e os que queremos case sempre somos os que non podemos. Isto tráeme á memoria un conto que sempre conta a miña nai: Atópase o cura cun neno e pregúntalle "Qué tal Manuel, como andan por casa?" ao que o neno responde: "Mire somos catro na casa e todos rabeamos, o meu pai rabea por ir á taberna, a miña nai porque vai a ela, a miña irmá rabea por home e eu rabeo ca fame". Iso tamén me leva a pensar que case nunca estamos conformes co que temos, os que están sos queren estar acompañados, e os que están acompañados, algunha vez preferirían estar sos.
 
Gimnasia terceira idade.
Onte empezou o curso de gimnasia para a terceira idade, e a miña irmá asistiu, en principio foi a ver como eran e xa se quedou á primeira clase. Á noite estaba tombada no sofá sen poder moverse da caña que lle deran, cando chamou o seu fillo e falou co seu pai, díxolle:"non che paso coa túa nai que está no sofá sen poder moverse pois foi á clase de gimnasia da 3ª idade e mándache un bico" ao que o fillo contestóulle: "Abofé é que a da 3ª idade é moito para ela, ten que empezar por unha máis baixa!".


 
Sexto mesario.
Xa pasei seis meses co meu blog, e en certo xeito sigo igual, como o primeiro día, sigo sen saber que dicir, pero iso si, moi contenta. Resúltame unha experiencia marabillosa.
 
Reencontro.
Onte tivemos a reunión para o inicio do novo curso de informática ano 2006/2007. Un breve acto de benvida e intentar programar o horario de clases, que en principio será como o ano pasado. Eramos uns poucos os que asistimos, pero xa tiñamos todos ganas de empezar un novo curso. Ao acabar, charla agradable un momento e despois, o café (as boas costumes non se poden perder). Vou contar dúas pequenas anécdotas que me pareceron moi boas, a primeira de D. Antonio, que dixo:"Hai quen ten piollos e di que ten moito gando", viña a conto de que non se consola quen non quere. Buenísimo. E outro, que non vou descubrir a quen o dixo: "O mellor das clases, o café"!
Temos fotos.



E outra...