logotipo

img_google
Pareceser
Sindicación
 
Irmáns.
Fíxome moita graza, cando comentoume unha moza, Inés, que antes non coñecía, que o seu home dixéralle que era imposible que eu fose irmá da miña irmá, valla a redundancia, ela así mesmo díxolle o seu home que si, que estábamos as dúas xuntas e que o dixéramos (o de que eramos irmás) e non tiñamos por que mentirlle. A min fíxome moita graza por utilizar a palabra "imposible", pois polo de que a xente pensa que non son a súa irmá, xa estou afeita de toda a vida, pois non me parezo en nada, nin física nin de forma de ser. Tamén pode influír que non fomos aos mesmos colexios, a miña irmá foi a un e os demais a outro, e é por iso que moitos pensan que ela é filla única. O que me fai lembrar unha historia que conta a miña nai dun mozo que sempre dicía que era fillo único," vinculeiro", para así facer crer que era máis rico, e quedaríalle todo a herdanza dos seus pais para el, e outro lle dixo, pero ti tes un irmán, ao que el contestou: si, pero é pequeno!

 
Bica.
O outro día envióume un correo o meu irmán Martín e púxome isto: "Sabes o que se me ocurreu que no blog podrías poñer de cando en vez algunha receita das de Ma para poder facelas todos", e voulle a facer caso. Hoxe vou empezar cun postre, e neste caso doumo miña irmá.



Ingredientes:

6 Ovos.
2 ½ Cuncas de farina
2 ½ Cuncas de azucre
1 Vaso de leite con 2 dedos de aceite.
1 Cucharadiña de café (de royal)

Modo de preparación:

- Sepáranse as claras das xemas e sóbense as claras a punto de neve.
- Engadir as xemas e bátense.
- Engadir o azucre.
- Engadir o leite co aceite.
- E para rematar engádeselle a farina co royal, mesturar todo moi ben e o forno durante 20 minutos aproximadamente a 180 º.

Dificultade: Ningunha.

Xa veredes, está boísima.
 
Outono.



Grazas que o lume do verán non chegou a todas partes, e aínda podemos disfrutar de carballeiras como esta.



 
Martín.


Esta foto é unha das máis bonitas da casa dos meus pais, ou polo menos eso é o que me parece a min.
 
Séptimo mesario.
Outro mes máis, como paso o tempo, parece que foi onte.
 
Contigo.
Esta mañá ao espertar oín nun programa de radio a pregunta de que "con quen che gustaría pasar todo un día?", as 24 horas, a xente chamaba e dicía a súa opinión, eu deime conta de que sei exactamente con quen me gustaría estar, CONTIGO!