logotipo

img_google
Pareceser
Sindicación
 
Sellos.
Martín, mira conseguín estos sellos para ti.



E estos...



Espero que te gusten.
 
De paseo non!
Iso é o que vou ter que dicir de aquí en diante, á xente que teña que esperar por algunha cousa, "faga vostede o que queira, todo, menos ir de paseo", e explícome. Hoxe á mañá atendín a uns señores no meu posto de traballo, eu, intentando ser do máis amable chamei para saber canto tardaría a súa xestión e dixéronme que estaría preto das dúas e como aínda non eran nin sequera as once, pois lles dixen: "Se queren vaian dar un paseo", (o conto é que nese momento chovía a cantaros, pero o que non pretenderían os señores é que eu fixese que parase de chover) eu díxenllo, para que non se pasasen tres horas perdidas, alí diante miña, pero a min sinceramente non me estorbaban. O señor saíu e volveu ao intre, dirixiuse ao Director e díxolle: "Esa señorita mandoume de paseo!"
 
Octavo mesario.
E con este xa fan oito. Últimamente non puiden escribir todo o que quería por falta de tempo. Pero espero solucionalo aos poucos.