logotipo

img_google
Pareceser
Sindicación
 
Martín e Birgit
Hoxe acabo de recibir un agasallo inesperado, que á vez son sempre os que máis nos gustan, por iso por que non contamos con eles, e dámonos conta de que hai persoas que se acordan dun. Chegou por transporte urxente do estranxeiro, e como o meu irmán Martín e a súa noiva Birgit, cando envían algo adoitano poñer á miña atención (aínda que sexan cousas para eles ou para todos os de casa), pois decidín chamalos para preguntarlles para quen era e se o abriamos. Cal sería a miña sorpresa o dicirme que eran para min, e unhas cousas que eu tiña moitas ganas, pois aquí non os hai. Moitísimas grazas de todo corazón. Encántanme.



Sobra dicir que son pratos decorativos, eu xa tiña un que me regalaran xa eles, pero pedínlles un máis (onde hai confianza ...), pois un parecíame que quedaba moi soso, e regaláronme dous.
 
Miguel


Hoxe sae o meu sobrino Miguel nunha entrevista que lle fai O Faro de Vigo, como adestrador dos nenos máis pequenos do equipo de Fútbol de Silleda. Para min, iso é unha gran noticia e quéroo poñer no meu blog. Moita sorte.
 
EEEHHHH!!!! ¡¡¡¡SEN TOCAR QUE ESTOU DE BAIXA!!!!
Atópanse un inglés, un alemán e un español nunha cafetería e
toman unhas copas xuntos. De súpeto o inglés dille aos outros:
- Oe, ese de aí de en fronte é igualiño a Jesucristo.
- Bah, que vai ser Jesucristo.
- Que si, que si. Pero se é igualiño. A barba, a túnica.
- Ese de aí é Jesucristo seguro!
Levántase o inglés, diríxese cara ao home da mesa e tanto lle insiste que xa o home rumoréalle ao inglés:
- Mira, efectivamente son Jesucristo, pero por favor fala baixiño e
non digas a ninguén porque me vas a formar un escándalo impresionante na cafetería. Como os demais se decaten, verás.
E o inglés tolo de alegría dille:
- Teño unha lesión no xeonllo que me fixen de pequeno facendo deporte. Por favor, cúrame.
Jesucristo ponlle a man sobre o xeonllo e cúralle. E o inglés
vaise á súa mesa e, abofé, cóntallo todo ao alemán e ao español.
Levántase o alemán e vai correndo ata a mesa de Jesucristo e Dille:
- Oe, que me dixo o meu amigo que ti es Jesucristo. Teño un ollo
de cristal, por favor cúrame. Jesucristo ponlle a man no ollo e cúrao. Entón o alemán vaise á súa mesa e cóntallo aos seus amigos.
Jesucristo empeza a pensar que en breves instantes aparecerá por alí o español querendo, como todos, que lle cure, pero o tempo pasa e o español non vai.
E entón Jesucristo, xa mosqueado e picado pola curiosidade, levántase e vaise cara á mesa onde están os tres e poñéndolle unha
man no ombreiro ao español pregúntalle:
Oe, ¿ti por que non...?
E o español salta da cadeira e apartándose violentamente dille:
¡¡¡¡EH, EH, EEEHHHH!!!! ¡¡¡¡SEN TOCAR QUE ESTOU DE BAIXA!!!!

 
Vídeo
Que vídeo máis bonito acábanme de enviar. Espero que vos guste.
 
Sen palabras
Estes días non teño moito que contar, a miña vida social non é moi activa, máis ben todo o contrario, do fútbol e da política, non falo, do traballo tampouco podo, (polo do segredo profesional), e así estou, sen temas e o que é peor, sen ganas. Debe ser polo tempo, que nunca me gustou demasiado o inverno, poucas horas de luz, bastante frío (este ano non fixo demasiado por agora, pero xa chegará). Así que o deixo ata que teña máis temas dos que falar. Saúdos.
 
Noveno mesario.
Xa sei, se sigo así escribindo tan pouco, xa non vai coar como un mes, terei que tomalo por medio mes, ou menos aínda, pero bueno, é o que hai.
 
Onde está a tirita?
Estes días de vacacións pola tarde, paseinos coa miña sobriña Claudia, unha nena de catro anos, moi divertida, intelixente e desperta. Hoxe tocou xogar a atopar a tirita, que estaba toda engurrada e xa case non pegaba, pero iso tívonos entretidas un bo intre, a min facíame moita graza, pois ela para pegarme a tirita, dáballe con toda a forza do mundo, e eu tiña que facer como que non sabía onde a pegaba, en que parte do meu corpo (por un momento fíxome recordar a frase onde o mestre preguntáballe ao aprendiz en que man tiña o saltamontes, e unha das mans non paraba de moverse.) Eu facíalle unhas pequenas trampas, e a escondía cando ela non miraba, e despois facía crer que desaparera, e ao final no canto de buscala eu, acababa ela buscándoa, pero da última vez, xa se cansou tanto de buscar e non a atopaba cando me dixo, "onde está a tirita puta?" eu facéndome a tola díxenlle que repetise que non lle entendía e ela dixo o mesmo dúas veces seguidas "onde está a tirita puta?" ata que ao final dixo. "Onde está a puta tirita?"