Vacacións.
Hoxe toca festa con música incluída, pois é o último día de clase, xa están aquí as vacacións de Semana Santa, e con elas unha semana e media sen clases. Esperamos non esquecernos do que aprendemos. Felices vacacións a todos...
Agasallo para Martín e Birgit de Claudia.

E esta tamén ...

Ditos.
Como tampouco teño moito de que falar, vou poñer unhas cantas frases que me parecen interesantes:
- "Nunca digas desta auga non beberei, nin este cura non é o meu pai".
- "Eu son dos que fan como o cuco (ou o cura), poño o ovo no niño alleo e que outro bobo mo críe".
- "Ter un fillo o lado da casa é como ter unha cabra na horta".
- "Cabra coxa non quere sesta e se a toma mal lle presta".
- "Agora sabe máis un burro dun mes que antes de tres".
-"Non somos nada! nós tampouco, pero decían que daban café".

Non dou feito!
Xa o sei, esta tempada non escribo nada, pero é que teño desculpas, entre outras cousas non me funcionou demasiado ben o Internet últimamente, e ademais agora teño tamén outras cousas en que pensar. Se é que non dou feito!
Décimo primeiro mesario.
Xa falta menos para o primeiro aniversario. Quen o diría ...