logotipo

img_google
Pareceser
Sindicación
 
Felicidades Ma.





Esta é a felicitación que lle enviaron Martín e Birgit desde Londres, e os demais que estamos aquí desexámoslle o mesmo.
 
O noso ordenador.
Hoxe como todos os días ao chegar a casa, subo ao ordenador, e tamén como todos os días atópoo ocupado e nunca mellor dito polos meus sobrinos "okupas". Entón veume á memoria unha historia que sempre conta a miña nai e que polo visto é verídica. Era un matrimonio que a esposa víase co señor cura, e o seu marido era consentidor, un día emborracharonse os tres, e o cura díxolle ao marido: "a súa señora ..." ao que o marido respondeulle: "a nosa señora ..."
 
Enma.


Enma é delicada, distraída, presumida e con pouca memoria. Aínda que tamén é moi tímida. Ten grandes amigos en Galicia e norte de Portugal. Pódese ver sempre de paseo dun lado para outro comendo follas tenras e brotes de tempada.
Obviamente é unha hermafrodita aleatoria, é dicir, pode ser pai ou nai a elección, uns din que por cambios hormonales, outros por cuestións psicolóxicas profundas, pero eu inclínome a pensar que simplemente a súa natureza é así. Cumpre anos en xaneiro pero nin o sabe nin lle importa. Di que só ten pensamentos elevados e nós o que realmente cremos é que ten a cabeza nas nubes.
 
O munte.


Fermoso exemplar froito do cruzamento dunha vaca galega e un rinoceronte africano que confundiu o Río Xallas co Nilo debido entre outras cousas, a iso que chamamos destino.
Habita nas rocas do monte Pindo, provincia da Coruña, e ten un carácter moi doce e un fino sentido do humor, aínda que é bastante miope, fundamentalmente por parte de pai.
Hiberna nos meses fríos para espertar sempre o 21 de marzo presa dun feroz apetito sexual que intenta saciar de inmediato, buscando á súa media laranxa entre os coñecidos.
Ao cabo dos tres días, cando todo termina, dedícase a corretear polo monte, pacer e durmir.
En setembro cumprirá 14 anos e nunca fué ao veterinario.
 
Couselo.

http://www.couselo.net/
 
Elena e Chan.


Por fin! Cásanse, e como non, celebrámolo ao grande, como se merecen. A cea íntima na casa, como ten que ser, e coa mellor compañía.
Elena deséxoche que sexas moi feliz.
 
Vacacións.


Estes son os meus pais que este ano por primeira vez fóronse de vacacións a Mallorca. E digo por primeira vez, pois a miña nai non quería ir e tivémola que obrigar, como digo eu, levámola atada ao avión, pero máis vale tarde que nunca. Ao final pasárono de marabilla e xa están desexando volver.
 
Disque disque.
Coincidindo coa maioría de idade (un ano no caso do blog) modifico a firma, neste caso pasa de Lucía a "Disque disque", unha palabra que oín este domingo e gustóume. Parece ser que é unha expresión bastante utilizaba e con todo eu non a oira antes e fágoa miña.
 
Primeiro aniversario.
"O meu primerio día de Blog.
Canto máis penso, menos sei que poñer para estrear o meu tan desexado Blog. E o que pasa, imaxinas o que farías e despois cando chega o momento quedas en blanco, e non sabes que decir, nin o que facer, bueno pouco a pouco, imosindo.
Lucía. Martes, 4 Abril 2006 21:26 Enlace Permanente Comentarios (0)"

… E disto xa pasou un ano, quen o diría, cada vez que o penso, por unha banda parece moito tempo o transcorrido pero por outra, póñome a pensar e parece que foi onte. Tamén me dá alegría o ver que sigo con el aínda cando non teño demasiadas cousas que poida contar, e á vez dáme pena de non poder contarlle máis. É como ver crecer a un neno, que dá pena e alegría á vez.
Por outra banda sigo como o primeiro día, sen saber que dicir, e o mesmo de ilusionada!
Moitas grazas a todos os que me axudaron e animaron.