Bambi.
Esta noite naceu un terneiriño/a e como é tan pequeno puxémoslle de nome bambi.

Xa estou aquí, nacín o día 31 de Maio ás 3:00 da madrugada, a miña nai tívome con parto natural, non como o meu irmán maior que veu con cesárea, pois a miña nai era primeiriza e coma él era un mangallón non tiña forma de saír, pero eu como son pequena foi coser e cantar. Puxéronme de nome Bambi.

Puma xa e nai.

Acordaste? Xa pasou un ano ...

Comunicación.

Aínda falando no mesmo idioma moitas veces non nos entendemos canto máis cando che presentan a unha persoa que non ten nin idea de Castelán e a nós pásanos o mesmo co Alemán, pois iso é o que sucedeu esta semana na casa dos meus pais, estaba de acollida unha moza que viña de intercambio de música e estabamos sen poder comunicarnos con soltura, cando me acordei do tradutor de Inglés que teño no meu blog, para que se queren as novas tecnoloxías se non é para sacarlle partido? Levei a miña sobriña e á rapaza, Eva chamábase, ao ordenador e escribinlle a primeira frase, de Castelán a Inglés e despois copiar e pegar de Inglés a Alemán, e ela o mesmo do Alemán ao Inglés, copiar e pegar e despois ao Castelán. Ao final entendémonos.
Xeadas.
Acábanme de mandar estas fotos ao correo que me pareceron preciosas. Moitas grazas.

Mulleres desesperadas.
Este mércores eran as dez da noite e estaba na casa dos meus pais cando me acordei do que botaban na tele na dúas, como o meu pai estaba vendo o partido,dixen, téñome que ir que vou ver "mujeres desesperadas" ao que a miña nai contestou, para ver mulleres desesperadas non fai falta ir á túa casa, para iso xa quedamos aquí!
Esixente.
Acabo de facer un test de personalidade e isto é o resultado que me deu:
"Consideran que o perfeccionismo é unha virtude, son esixentes en todo o que fan e non soportan equivocarse. A miúdo cren que nunca hai suficiente tempo para facer as cousas como cómpre e isto pode chegar a deprimirlles. Tamén tenden a pensar que a súa forma de actuar é a mellor e poden mostrarse críticos cara a outros que teñan un punto de vista diferente. Gústalles ser tan eficientes, que se lles falta información sobre unha tarefa que deben emprender cústalles moito chegar a tomar unha decisión, pois lles parece que non o teñen todo controlado e que o proxecto acabará fallando por mor dalgún imprevisto. Son bos amigos por mor do seu intrínseco sentido do xogo limpo e da xustiza".

Directivos.

Xente honrada.
"A carne é débil e concupiscente", iso é o que debería ter aprendido no catecismo cando era pequena, pero eu ese día debinmo saltar, e non o escoitei ata a semana pasada, referíndose a que os homes e mulleres está claro, inclínanse cara aos bens terrenales, pracer, diñeiro... Iso debe ser a maioría pois os hai tamén dos máis honestos e honrados, e un deles cruceimo eu esta mañá, con gran sorte para min. O caso é que me confundín nun pequeno pago, chama e dime, que se lle dei ben a cantidade solicitada, eu respondinlle que creo que si, e él volve comentarme que non está seguro que tamén retirou efectivo noutra entidade pero que pensa que lle dei mal, eu contéstolle que non se preocupe que vou facer un arqueo e chámolle, dáme o seu número e cando acabo co arqueo cal será a miña sorpresa que o que me faltan son 5.000 euros. Case me dá algo, chámoo e dime que si, que máis tarde mos trae. Hoxe é ben certo que é o meu día de sorte!
Día Das Letras Galegas.
Este xoves foi o día Das Letras Galegas,que este ano estaba dedicado a María Mariño, e que por certo non atopei ningún libro dela nin na biblioteca municipal nin nas librerías, e comentáronme que nin sequera o tiñan no Corte Inglés, é unha mágoa!
Na Estrada fixeron algo que me gustou realmente, foi unha iniciativa orixinal, a solta de libros en distintos sitios do pobo, colgados nas árbores, nas farolas, polos bancos do xardín... para así poder collelos e lelos e máis tarde volver deixalos para que os demais póidanos ler igualmente. Eu collín un sobre vida e obra de D. Manuel García Barros, quen escribiu longo tempo co pseudónimo de Ken Keirades, aínda non acabei de lelo pero está moi interesante.

A quen lle interese.
(Aos meus sobriños, por se non se dan por aludidos).
Hoxe ao chegar ao ordenador, notei uns pequenos cambios, que aínda que non me disgustaron, fixéronme pensar.
Por iso quero explicar uns pequenos conceptos: A propiedade privada para ser exactos.
Este ben, é de propiedade privada isto quere dicir que eu deixo que se utilice, pero iso non significa que se lle poidan facer cambios ao seu antoxo, uso e disfrute, sen sentido de pertenencia.