logotipo

img_google
Pareceser
Sindicación
 
Vacacións.
Xa acabaron as clases e para celebralo fixemos unha mini excursión á montaña, pasámolo en grande, con escalada e todo, e o regreso fixémolo en tren. Aquí está a foto que o demostra.
Felices vacacións a tod@s.



 
Un bicho.
-Mamá, mamá, súbeme!
-Non, interrompinlle eu, iso é para bébes, (metinme onde non me chamaban, pois non era a súa nai) e ti es un mozo (mentira cochina, era un neno duns seis anos, fillo único, malcriado e mimoso, e que a súa nai non o soubo educar).
-Si, son un bebé, mamá eu quero ser un bebé (a berros no medio de toda a oficina)
Á nai, que como hoxe empezan as vacacións para os nenos quédanlle uns meses de agárrate que hai curva, esquecéronselle os datos, e canto ela máis tardaba, o neno máis insoportable se poñía: un, dous, tres... cóntoche ata dez (dicía) e despois ímonos, un, dous, tres, catro ...
Eu xa non podía aguantalo máis, e iso que non pasaran nin tres minutos, iso non era nin un mozo, nin un neno, nin un bebé, iso o que era un bicho!

 
Moitas Felicidades, Maca.


Hoxe é o seu aniversario, cumpre trinta e tantos (como diría Lina Morgan) e dez máis. E xa se ve o ben que se conserva, e iso que non usa photoshop. Moitas Felicidades, e que cumpras como mínimo outros tantos.
 
Cambio climático.
Onte á tarde estaba dando un paseo coa miña irmá, e como se puxo a chover, iamos todas abrigadas cando nos parou un veciño moi gracioso e díxonos, que pena co do cambio climático, pois antigamente por estas datas as mozas xa iriades con minifalda!