Levóuno un señor.
Esa é a explicación que adoita dar a miña nai á súa neta pequena, cando de súpeto desaparece un animal tanto un can como un gato, no que se refire a "desaparece" non fai falta explicar que pasou a mellor vida. Por mala sorte últimamente desapareceu o can recén nacido e a mamá do gato pequeno, (esta era a que tiña eu na foto o ano pasado no artigo de "Confianza" o bebé gatiño, que co paso dun ano convertéuse en mamá. E digo por mala sorte, pois o canciño desapareceu por empacho, claro todos quérenlle dar de comer que ao final pasa o que pasa, e iso que dicían que os cans cando non queren máis enterran os alimentos, pois éste a esa lección aínda non chegara, e a mamá gata, que por certo chamábase Puma, levóuna por diante un coche vermello ás tantas da mañán, para máis cachondeo, nun paso de peóns, está claro ela non era un peón, era unha gata, e digo coche vermello pois alguén o viu. Espero que os dous estean en mellor vida.




Chama á necesidade!
Iso é o que a miña nai sempre me di cando eu lle digo que non sei facer algo, como me coñece tan ben, dáse conta que nin sequera o intento facer, que se o intentase daríao feito, pero moitas veces, vexo as cousas de lonxe e nin me achego para ver se realmente son difíciles ou pola contra, non o son tanto como parecen a primeira ollada. Eu recoñezo que non son nada manitas, na casa non o somos case ninguén, a miña nai a excepción que confirma a regra, pero algunha vez só hai que ter ganas de facelo, ou como neste caso, non ter a ninguén disposto a axudarche, e entón non hai máis narices que intentalo, e iso é o que me pasou hoxe.
Fai xa mes e medio estragóuseme a pantalla do ordenador e por fin, onte déronme a nova, na caixa toda moi ben empaquetadiña, pero claro, afeita ter o ordenador montado, e de súpeto, o monitor nunha caixa, vino cos cables todos soltos e desmontado, e díxenme, espero que veña Miguel por casa máis tarde, pero resulta que Miguel foise de vacacións e hoxe non me quedou máis remedio que intentalo, polo menos intentalo, collín a caixa de ferramentas da miña nai, e ao choio, ao final, non fixeron falta as ferramentas só facía falta pór a pantalla na posición adecuada, eso era pola boca abaixo sobre algún lugar firme e que non raiara a pantalla, neste caso utilicei a cama, e empuxar levemente ata oír un clic, case ata me deu vergoña ler as instrucións, o resto, os cables, iso xa o sei facer de marabilla, pois xa probei varias veces, e ao final, aquí está o resultado. Funciona á perfección! Apartarvos manitas que aquí chego eu.

Fai xa mes e medio estragóuseme a pantalla do ordenador e por fin, onte déronme a nova, na caixa toda moi ben empaquetadiña, pero claro, afeita ter o ordenador montado, e de súpeto, o monitor nunha caixa, vino cos cables todos soltos e desmontado, e díxenme, espero que veña Miguel por casa máis tarde, pero resulta que Miguel foise de vacacións e hoxe non me quedou máis remedio que intentalo, polo menos intentalo, collín a caixa de ferramentas da miña nai, e ao choio, ao final, non fixeron falta as ferramentas só facía falta pór a pantalla na posición adecuada, eso era pola boca abaixo sobre algún lugar firme e que non raiara a pantalla, neste caso utilicei a cama, e empuxar levemente ata oír un clic, case ata me deu vergoña ler as instrucións, o resto, os cables, iso xa o sei facer de marabilla, pois xa probei varias veces, e ao final, aquí está o resultado. Funciona á perfección! Apartarvos manitas que aquí chego eu.

Dezasete anos.
Soamente quédame un para a maioría de idade, e eses son exactamente os que fago hoxe no meu traballo. Quen o diría, acórdome perfectamente daquel día, tiven que ir á oficina principal de Vigo, que me presentarían aos xefes e despois o xefe de zona traeríame a presentarme ao meu posto de traballo en Lalín, dixéronme que non tiña hora de chegada, pero non se me ocorría chegar á unha, nin ás doce sequera, entón pedinlle ao meu irmán Juan, que é o que está sempre disposto para axudar no que pode, pois como é autónomo ten máis flexibilidade de horarios, se me podía levar ao que él accedeu, tiña que facer unhas cousas no camiño, así que nos levantamos moi cedo e alá fómonos, póñome o cinto (para a miña desgraza e despois explícoo) e camiño a Vigo, paramos en dous sitios e cando chegamos a destino sobre as 9:30 h. cal é a miña sorpresa, que a miña camisa branca inmaculada, para dar boa imaxe o primeiro día, converteuse en franxa negra do cinto do acompañante, pois o meu irmán afacía en ir ás canteiras, polo seu traballo, e como sempre ía só, nunca se fixou e eu tampouco que ese cinto estaba todo sucio e todo o que se lle achegase quedaría negro. Nun principio dubidei en pór a chaqueta por encima e abrochada, e non sacala pasase o que pasase, pero como hoxe, era un día de agosto de moito calor, e decidimos ir a unha tenda e comprar unha camisa nova, paseamos polas rúas de ao redor e vimos unha tenda "Cortefiel", achegámonos á porta e vimos a un empregado dentro pero a porta estaba pechada, non abría ata as 10, eu non quería chegar moi tarde e decidín chamar á porta, o home que non abría, eu seguía insistindo e por fin o pobre home achegouse e púidenlle explicar o meu caso, desabrochéime a chaqueta para ensinarlle a camisa sucia, por se non me cría, e deixoume entrar, ensinóume dúas ou tres camisas e xa me decidín por unha moi bonita, branca e cuns bordaditos dunhas pequenas flores en cor amarela claro no pescozo, elegante pero sen chamar a atención, queríalle pagar pero aínda non tiña acendido o ordenador e non podía facelo ca tarxeta, préstolla ao meu irmán para que fose ao caixeiro máis próximo, mentres eu acababa de probar a roupa e uns minutos máis tarde saio toda guapa da tenda de camiño ao traballo, o despacho onde eu tiña que ir era na primeira planta da oficina principal do Santander, estaba un pouco nerviosa, o meu irmán acompañóume e despois él despediuse e foise, a min só me presentaron a dous xefes, xa que o maior non estaba, por sorte, e ás 11:30 aproximadamente díxome o xefe de zona Sr. Jambrina, un home regordete e bonachón, que me levantase, que nos iamos camiño a Lalín, o camiño fíxoseme curto, el falaba case todo, e nesa hora e pouco que nos levou díxome unhas corenta veces (e non esaxero) que debería ir traballar polas tardes, que non era obrigatorio pero si moi recomendable, creo que mo dixo tantas veces, por se non o pillaba "á primeira" por iso dos nervios do primeiro día. Chegamos, e que ben que me comprara outra camisa, pois na oficina non había aire acondicionado, non o puxeron ata o ano seguinte, e os cinco minutos xa me tiven que sacar a chaqueta, pois debía de facer máis de trinta graos á sombra, ese si que foi un verán, presentáronme aos compañeiros, eran tres, comigo catro, director, subdirector, outro administrativo e eu, o único que me acordo foi que ao director trateille de vostede e díxome que non, que o tuteara, ao pouco intre xa se pechou ao público e despois a comer, a min que non me gustan nada as enchentas, cocido, si, o dous de agosto, eu o único que desexaba era volver a casa, que ese día estábaseme facendo interminable. Por fin ás cinco da tarde cumpríuseme o desexo, e despois xa moito máis cómoda e tranquila, conteilles a todos a miña peripecia no meu primeiro día de traballo.







