Feliz cumpleanos Miguel.

Homes de Outeiro.

Unha foto igualiña a esta téñoa eu dun ano antes, sacada por min, co título "Eu quería ser home en Outeiro ..." data 24/06/2006. Casualidade?
Tópicos.
Muller, loura, guapa e ...
Eu non son das persoas que crea nos tópicos pero este, teño que recoñecer que o vin fai uns días.
Veu unha moza das anteriores características e díxolle a un compañeiro veño a ingresar "X" euros (unha cantidade importante de cartos) e despois lévome todo menos 1.000, entón díxolle o que a atendía pois entón quédaste con todos os cartos que traes e só me dás os mil euros. Así o fixo, e ao cabo de cinco minutos chama dicindo que non o entendía que llo explicase. Media hora tardou en facerllo entender.

Pequena confusión.
Historia verídica.
Chega hoxe a miña irmá a casa logo dunha pequena viaxe, e chama ao seu fillo para dicirlle que chegou ben, contéstalle diga: e ela como sempre lle di:"Bonitiño", e todas as demais explicacións de como pasou o día, moi cariñosa como o é sempre cando fala con el, de súpeto dáse conta que non é a voz do seu fillo e pregunta pero ti non es Miguel, a quen estou chamando? e o que estaba do outro lado di, non, son o teu home e xa me estrañaba que me falases tan ben!

Está moi boa para unha falcatruada.
O que vou contar é unha historia real, fai moitos anos había nunha aldea cercana unha familia que a formaban o pai, un fillo e unha filla, a filla estaba en idade de merecer e víñaa a pretender un mozo, naquela época era costume de que viñese o noivo a casa da noiva para charlar, iso si, sempre acompañada a noiva por un familiar, pois neste caso o acompañante era o pai, que estaba sentado detrás da cociña de leña, como era inverno e o pai estaba cansado de traballar, quedou durmido, cando entrou na cociña o outro fillo, irmán da noiva, e ao ver ao seu pai durmindo bérralle:"Papa, papa, vostede dorme, non ve vostede que María está moi boa para unha falcatruada!"