Ovella que berra bocado que perde.
É un dito popular que oímos constantemente, pero eu non me imaxinaba que era tan exacto. Onte demostráronmo. Deixamos saír ás ovellas a un sitio distinto do habitual, e saíron todas ao galope excepto unha delas, que estaba despistada, e cando reaccionou, xa non sabía por onde saír, entón empezou a chamar á súa nai, beee, beeee ..., eu tiña visto noutras ocasións que cando a filla chamaba, á nai, contestáballe, pero esta vez, (como as pasamos onde a herva estaba moito máis fresca e en máis cantidade), nin caso, a filla seguía, beee, beee, e a nai nada, así máis de vinte minutos, que por fin a pobre filla atopou a saída e xuntóuse coa súa nai.
Casino.
En todo pobo que se prece ten que haber un Casino, un local de reunión onde homes, mulleres e nenos reúnense e disfrutan do seu tempo de lecer. Outeiro non ía ser menos, e os homes, neste caso foron eles, aproveitaron un local que noutros tempos foi onde se gardaba o tractor e demais ferramentas de labranza, e aproveitárono como lugar de encontro para xogar ás cartas, e alguén cun pouquiño de malo leite empezou a chamalo "Casino". Onde está tal home? pois está no Casino. De cando en vez facían as súas festas, churrasco, troitas ... e iso si, ese día invitaban ás mulleres. O dono do local, Miguel con absoluta xenerosidade, comprou sen ningún ánimo de lucro unha mesa de pin pon, con todos os seus accesorios, unha mesa de billar e un futbolín. O venres á noite, paseando polos arredores, achegámonos e preguntámoslle ao dono, se admitían socias.Dixo que por suposto. Non nos fixemos de rogar. Aquí está a foto.







