Polo branco
Hoxe estaba o meu pai só na casa pola mañá, cando soou o teléfono, era unha veciña, Mari Carmen e fíxolle esta pregunta: "Sabes se Obdulia ten un polo branco que me poida prestar" ao que o meu pai contestou: "Nin branco nin castaño, que os matamos onte todos"
“Curmáns afastados”
O que vou contar é unha historia verídica, sucedeu esta semana pasada, veu a saudarnos un mozo moi agradable, e felicitóunos o ano novo, é un veciño, que coñecemos hai pouco, falando falando contóunos que tiña noiva, e díxonos que era unha curmá súa, como é xitano, o seu pai estaba moi contento pois así seguía a saga dos xitanos, cando alguén lle dixo que non debía saír cunha curmá xa que nun futuro se querían ter fillos podíanlle saír con problemas, ao que o neno dixo, non, é unha curmá afastada, é de Carballiño.
Feliz cumpleanos

Chapuzas

En Chantada emparedaron un boneco sobre un tubo para evacuar auga. No concello lucense de Chantada, en concreto nun desvío da estrada que vai desde Rodeiro á capital municipal (LU-213), en dirección a Mariz, esta curiosa e algo macabra imaxe: un boneco emparedado no muro, «ao máis puro estilo dás torturas medievais», sobre un desaugadoiro.
Como ben di o autor da foto, «o que hai que ver».





