logotipo

img_google
Pareceser
Sindicación
 
Trebello


Este utensilio antollóuselle á miña nai fai unha tempada, e díxolle ao seu home, Alfonso, tráesme isto da tenda, él foi a unha e a outra sen atopalo por ningunha parte, así percorreu todas as tendas da redonda, ferraxerías, todo a cen, non lle quedou nin unha sen preguntar, ao final decidiu acudir á feira de Bandeira do día 29, ese día foi antonte, o meu pai acordóuse do encargo e alá foi a buscalo, cando volveu con él antes de comer, díxolle: toma, váleche? Ao que ela contestou: Si. Eu pregunteille para que o quería, e él contestóume: non sei, quixo tirar 15 euros.
Esa é a persoa que a min me gusta, que aínda que non saiba moi ben para que se queren as cousas nin para que serven, moléstase en atopalas, ainda que realmente pense que non valen para nada. É moi guidiño di a miña irmá.

 
Inverno