logotipo

img_google
Pareceser
Sindicación
 
Grandes descubrimentos
Estou totalmente convencida que os grandes descubrimentos producíronse dunha forma totalmente casual, chorra, chiripa, descoido, equivocación ou chámalle X, pero que a persoa que o fixo non sabía realmente o que nese momento descubría, iso si, tiña que ser o suficiente intelixente como para darse conta que algo distinto pasaba e era grazas a ese erro humano.
De aí debe vir tamén o dito: "Non vaias polo camiño marcado" que sabes exactamente onde che leva, e no non marcado descobres algo, iso si non sabes se será bo ou malo.
A min polo menos é o que sempre me pasa, fago as cousas como sempre e nada, e un día confúndome ou por erro dou a unha tecla que nunca antes dei e aí está, atopo cousas que pensei que non había, sempre así por erro, hoxe ao cabo duns anos co mesmo programa, fóiseme o dedo enriba dunha función do programa e elimineino, foi todo tan rápido que non sei exactamente que fixen pero desapareceu, deime conta pero non sabía como o fixera e peor aínda como o tiña que volver pór no seu sitio,entón empecei a rebuscar por aquí, por alá, e volvino a pór dándome conta con isto que estas funcións pódense eliminar, ou simplemente cambiar a noso antollo, e o mellor aínda, que descubrín como facelo, a todo isto dicir que de algo me tiñan que servir as clases de informática.
 
Unha mañá de domingo
 
Dous aniños
E xa van dous anos, quen o diría. Para celebralo intentarei pór o meu primeiro vídeo caseiro, que tamén me fai moita ilusión. Espero poder alcanzar con éxito este novo reto, xa se verá. Aínda que teña que ser cun pouco de axuda.


DSCN1847
Cargado por queremosser